Homenaxe a Rufo Pérez.

Rufo Pérez (Freixeiro, Vigo 1915-Vigo, 2011) será homenaxeado o venres 9 de novembro, após un ano do seu falecemento.

Este matemático, profesor, nacionalista militante desde a década de trinta será lembrado nas súas diferentes facianas. O acto desenvolverase a partir das 20.30hrs no vigués Instituto Santa Irene, onde exerceu a docencia durante décadas.

Activista dos Ultreias de Álvaro de las Casas e Mocedades Galeguistas nos anos ’30 do pasado século, participaría en pleno franquismo da creación da editorial Galaxia, así como da Unión do Pobo Galego ao pouco de se fundar.

No acto participarán, entre outros, Xosé Luis Méndez Ferrín, Camilo Nogueira, Víctor F. Freixanes e Uxío-Breogan Diéguez. Dando paso ás intervencións poéticas de Xián Roel, Vidal Villaverde, Xurxo Pérez e Valentín Bóveda. Pola banda dos antigos alumnos tomarán a palabra Xulio Alonso e Xenaro Suárez.

Desde Murguía, Revista Galega de Historia somámonos a este acto, reproducindo novamente a entrevista que noutrora lle realizaramos a Rufo Pérez.

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman