“De nazión gallego”: Testamento do cuntiense Francisco do Campo e da Ermida

O documento que aquí publicamos, e que ten data do 18 de abril de 1720, vén a ser o testamento dun galego chamado Francisco do Campo e da Ermida que era natural da antiga xurisdición dos Baños (hoxe Concello de Cuntis, na provincia de Pontevedra) e máis concretamente da freguesía de Sta. María de Troáns. Localízase esta parroquia na parte meridional de Cuntis, lindeira outrora coa xurisdición de Caldas de Reis, que tivo por núcleo urbano a vila homónima, importante centro administrativo e comercial dende o medievo, cunha historia enorme e con numerosos testemuños arquitectónicos rurais e urbanos que dan conta destes feitos.

O partido dos Baños non foi menos relevante en historia e arquitecturas. A súa xurisdición, cuxa capital se localizou concretamente en “Santa María de la villa de los Baños de Caldas de Cuntis”, albergou un patrimonio moi sobresaínte; no entanto bastantes dos seus edificios –pazos, torres e mosteiros– foron desaparecendo ao longo dos séculos, non sen deixar a súa pegada en numerosos documentos conservados en distintos arquivos galegos e do Estado.

No que atinxe a Sta. María de Troáns, denominada vila de Sta. María de Truanes no documento (aínda que nunca tivo categoría de vila, entendido isto como núcleo urbano), foi case sempre na historia moderna a segunda freguesía máis poboada desa citada xurisdición, así como a que maior patrimonio civil albergou: a casa, torre e fortaleza de Montival (localizada nas proximidades do lugar de Vilabar), a granxa e pazo do Areal (á sombra do lugar da Hervés), a casa e torre da Cova (na aldea homónima) e o pazo da Moreira (en Guldrigáns).

A importancia desta freguesía tamén se constata ao sabermos que durante o S. XVIII dispoñía dunha escribanía da Súa Maxestade…

Héitor Picallo Fuentes

Máis en Murguía, RGH na túa libraría!

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman