Estado galego, histórica proclamación (1931).

Diante da folga operaria que se desenvolvía no inicio do verán de 1931, a partir do cese gobernamental das obras do camiño de ferro na Galiza (Zamora-A Coruña), proclamaríase o Estado Galego. Malia que breve, foi simbolicamente un fito que contou coa presenza de importantes activistas do galeguismo da altura e cun eco social nada desdeñábel.

A Fundación Moncho Reboiras-FESGA conmemora o 82 aniversario da declaración da República Galega en Ourense e Compostela no marco do conflito do camiño de ferro (25,26 e 27 de xuño de 1931) coa publicación dunha curta documental indicando que este “… analiza uns acontecementos históricos que amosan a íntima implicación entre a liberación nacional e as loitas obreiras no noso país. A video-reportaxe, de 13 minutos de duración, foi coordenada por Manuel Mera e realizada por Bernal Rúa, e conta coas intervencións dos historiadores Xerardo Dasairas e Uxío-Breogán Diéguez. O audiovisual complementa á publicación “As folgas do ferrocarril Zamora-A Coruña de 1931-32″, que aínda que xa viu a luz aproveitamos para relanzar”.

Ligazón á curta documental.

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman