Presentación da obra O PORTO DE NASONI.

Apresentaçom_NASONI_novembro_2013Mañá, 28 de novembro, desenvolverase na capital galega a presentación da obra O Porto de Nasoni. Guia de Arquitetura e Património. Contará o acto coa presenza dos autores, o arqueólogo e historiador Joel Cleto e o fotógrafo e deseñador Sérgio Jacques, acompañados polo profesor da Universidade da Coruña e director de Murguía, Revista Galega de História Uxío-Breogán Diéguez.

A obra céntrase na obras máis emblemáticas do insigne Nicolau Nasoni, quen deu lugar a diversas obras de grande alcance na cidade do Porto. Pénsase que o arquiteto italiano, que proxectou a ben coñecida Torre dos Clérigos, se tería fixado no Porto para fuxir ao brazo da Inquisición, manténdose na cidade portuguesa de raiz galaica até ao fin da súa vida. Realidade sobre a que falarán os autores.

O acto desenvolverase na Libraría Couceiro a partir das 20h.

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman