Cregos republicanos? Cregos represaliados polo franquismo? Nova obra de interese.

“Os sacerdotes que mantiveron o seu respaldo á Segunda República e foron obxecto de represalias durante a Guerra Civil e a posguerra formaron até o momento un colectivo descoñecido. Estes cregos teñen sido duplamente esquecidos, xa que apenas se lles ten dado atención por parte dos historiadores e daqueles que teñen promovido a memoria republicana, ao tempo que os archivos eclesiásticos teñen obstaculizado o acceso á información sobre aqueles”, indican os promotores da obra Otra Iglesia. Clero disidente durante la Segunda República y la Guerra civil.

Coordenada por Feliciano Montero, Antonio C. Moreno e Marisa Tezanos e editado pola editorial Trea, ten entre outras achegas a do profesor da Universidade de Vigo José Ramón Rodríguez Lago, especialista na historia das ideas e as institucións relixiosas na Idade Contemporánea. Coautor da devadita obra, relata na mesma a odisea da figura do sacerdote galego Matías Usero Torrente, misioneiro de correntes intelectuais e espirituais como o modernismo, a teosofía, o socialismo ou o comunismo libertario.

O libro será apresentada o vindeiro xoves 26 de xuño en Vigo, na Casa do Libro ás 20hrs, da man do profesor José Ramón Rodríguez Lago.

 

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman