Conferencia/Simposio “Franquismo sen Franco”

O pasado 20 e 21 de novembro desenvolveuse no Parlamento Europeo (Bruxelas) a Conferencia/Simposio “Franquismo sen Franco”.

Un encontro organizado desde o grupo parlamentar EFA & GUE/NGL MEPs, baixo a iniciativa e coordenación da europarlamentaria do BNG Ana Miranda, e no que participaron investigadoras e investigadores universitarios de Galiza, Catalunya e Euskadi. Para o caso galego estiveron presentes os profesores da Universidade da Coruña Uxío-Breogán Diéguez e Sara Carou García; Emilio Grandío, Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho, da Universidade de Santiago de Compostela e os investigadores Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío.

Así mesmo, déronse cita no encontro numerosos xornalistas de diversos medios, caso de Praza Pública, Sermos Galiza, Infolibre, Público e El Jueves.

Imaxe da apertura do encontro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O encontro dividiuse nas seguintes mesas e temáticas:

Panel 1 – FRANCOISM AFTER FRANCO: CONTINUATION AND INSTITUTIONAL CONTINUITY, ATTACKS TO FREEDOM OF EXPRESSION.

Panel 2 – EUROPEAN POLITICS ON MEMORY: Actions for the recovery of Historical Memory, from Italy to Spain via Brussel.

Panel 3 – IMPACT OF FRANCOISM ON THE NATIONAL IDENTITIES IN THE SPANISH STATE.

Panel 4 – ECONOMIC IMPACT OF FRANCOISM: revolving doors and financial emporiums consented by the political power.

Panel 5 – HUMAN RIGHTS AND DEMOCRATIC MEMORY.

Instantánea doutra das mesas

 

 

Máis info en: https://www.greens-efa.eu/en/article/event/francoism-post-franco/

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman