FALECE O HISTORIADOR JOSÉ ANTONIO DURÁN

O pasado sábado falecía o prolífico historiador José Antonio Durán (1941-2020). Autor de numerosas e relevantes obras desde a década dos 70, abríu novos camiños nos estudos sobre o agrarismo, anarquismo e nacionalismo na Galiza, con obras como Historia de caciques, bandos e ideologías en la Galicia urbana. Rianxo 1910-1914 (Akal, 1972); El primer Castelao. Biografía y antologías rotas (1909-1916) (Akal, 1972); Agitadores, poetas, caciques, bandoleros y reformadores en Galicia-Crónicas 1 (Colección Arealonga, Akal, 1974); Agrarismo y movilización campesina en el país gallego, 1875-1912 (Akal, 1976) ou Entre el anarquismo agrario y el librepensamiento-Crónicas 2 (Colección Arealonga, Akal, 1977).
XX

José Antonio Durán durante a entrevista

No ano 2017 concedía unha entrevista para Murguía, Revista Galega de Historia na que salientaba que se desligaba de todo corporativismo e que, con absoluta modestia, afirmando:
Endexamais me tiven por historiador, no sentido profesional da expresión. Nin historiador, nin profesor de historia como sabes, nin profesorista polo mesmo. Son un contador silvestre nada asilvestrado de historias históricas, fillas dunha traxetoria intelectual moi rica, cuxa orixe xa está na memoria de licenciatura: a analítica existencial que Sartre aplicou ao estudo de distintas personalidades literarias (Baudelaire, Flaubert, Genet). A proto-orixe da miña devoción pola biografía histórica, as crónicas familiares e a historia local non paleta, senón de fuste, sacando partido a vella idea de que non hai nada máis internacional que a vida local, enfocada con ese criterio‘ (…)” [ler entrevista ao completo].
XX
Enviámoslle á súa familia as condolencias de toda a equipa de Murguía, Revista Galega de Historia.

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman