Relixión, Igrexa e católicos na Galiza diante do golpismo

Diversas obras, relativas ao golpe militar reaccionario de xullo do 1936, teñen adicado algunhas referencias á implicación que a Igrexa católica tivo co golpe militar do 1936.

Ora, desta volta o historiador José Ramón Rodríguez Lago presenta unha ampla investigación, editada polo selo Nigratea, que monograficamente aborda esta cuestión. O libro resultado das pescudas de Rodríguez Lago sobre este tema, intitulado Cruzados o Herejes. La religión, la iglesia y los católicos en la Galicia de la Guerra Civil , preséntase na capital de Galiza o mércores día 25 de maio, ás 19.30, na nova sede da Fundación Araguaney, sita na rúa do Vilar nº21.

Acompañarán ao autor no devandito acto o coordinador do Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces e profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, xunto aos tamén docentes titulares de Historia Contemporánea na USC Emilio Grandío Seoane e Miguel Cabo Villaverde.

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman