San Simón: da represión á homenaxe

A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) organiza unha nova homenaxe aos demócratas presos noutrora na illa de San Simón, e por extensión a todas e todos os que en iguais circunstancias foron represaliados por defender a fraternidade, igualdade e liberdade. Indican desde a IGM , que agrupa as entidades e persoas que traballan pola Recuperación da Memoria Histórica, que o acto central desenvolverase o vindeiro domingo 17 de xullo, como “Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo”; acto que levan organizándoo desde o 2006, ‘ano da memoria’, no marco da própria Illa de San Simón.

Nesta homenaxe, apuntan desde a organización “…percorreremos os lugares que albergaron os últimos días de moitos presos políticos galegos, contaremos cunha visita guiada, actos musicais e poéticos, lembranza histórica e a participación de antigos presos na colonia penitenciaria.

Os actos comezarán co embarque ás 10 de mañá do porto de San Adrián de Cobres e rematarán a ás 13:30 que se embarcará na Illa de volta.

Debido á limitación de prazas no barco é fundamental que as persoas interesadas se dirixan as entidades adheridas á IGM para anotarse. Cada asociación ten asignada un número aproximado de prazas de xeito que a admisión será por orde de inscrición”.

Para chegar ao porto, desde a autoestrada, sería tomando a saída 146 cara CG-4.1/Moaña/Cangas.

+INFO: referencia do lugar.

http://www.igmemoria.org/

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman