Simboloxía franquista…, novamente.

Unha sociedade democrática, sen maior apelativo -…mal asunto cando hai que adxectivizar aquel substantivo-, non pode dar cabida a restos públicos de reximes fascistas. Ora, o noso rueiro e territorio dá conta de numerosos elementos que foron pensados e fixados en diversos espazos para enxalzar o fascismo. E resulta sintomático que teña que ser a acción popular, e non a gobernamental, a que vaia logrando, paseniñamente, gañar espazo á barbarie tirando eses elementos -monumentos, placas…- da vista normal do noso país.

Nestes días na Coruña debatíase arredor do título de fillo predilecto concedido en pleno franquismo a Millán Astray.  Un debate que semellaba pechado, consonte a ‘Lei de Memoria Histórica’, após a celebración dun pleno municipal en marzo do pasado 2010, no que se retiraba o devandito título ao sinistro militar, así como outros aprobados en plena dictadura, caso do de fillo adoptivo a Francisco Franco. O asunto foi reaberto pola actual grupo de goberno coruñés, quen non respalda na práctica e no espírito aquel acordo plenario… Veremos como fica esta esperpéntica lea.

Aliás, en Vigo estes días está a se dar un forte rexeitamente social á simboloxía franquista. Nomeadamente esixese desde diversas entidades de base a retirada do monumento de exaltación fascista, en forma de cruz, sito no monte do castro. As entidades promotoras da iniciativa convocan unha manifestación polas rúas de Vigo a tal efeito. A mobilización partirá do devandito lugar a partir das 20hrs.

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman