Máis un xacimento arqueolóxico arrasado…

Desde o pasado verán estase a escavar un xacemento arqueolóxico sito no lugar de Taramancos, no concello costeiro de Noia. Uns traballos que se comezaron a desenvolver con urxencia, antes da construción da conexión da Vía de Alta Capacidade (VAP9 Brión-Noia coa estrada SC-550), que une Noia centro co lugar no que nacera o poeta Antón Avilés Vinagre.

Segundo indica o portal informativo en liña galiciaconfidencial.com, os achados “…desvelaron, á falta de estudos máis rigurosos, a posible existencia dun poboado moi antigo, da Idade do Ferro, de tipoloxía totalmente inusual en Galicia, xa que non está fortificado, e parece estar vinculado a actividades de explotación do medio mariño. Pero tamén apareceron posibles restos castrexos e estruturas romanas”. Un achado que remite, tal e como indica o portal culturagalega.org, do Consello da Cultura Galega, a un ” …poboado moi antigo, da Idade do Ferro, de tipoloxía totalmente inusual en Galicia, xa que non está fortificado, e parece estar vinculado a actividades de explotación do medio mariño”.

Desde as vellas terras de Taramancos, e diante de semellante despropósito, só teñen protestado até o momento o goberno municipal do Concello de Noia así como a Asociación Cultural ‘Terra de Outes’, protestas ás que sumaron os portais-e citados, ao igual que Murguía, Revista Galega de Historia e o seu grupo editor.


Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman