Os mártires de Nebra na lembranza

O 12 de xaneiro do 1916 o concello de Porto do Son acordou repartir entre a viciñanza os arbitrios municipais, é dicir, repartir entre a poboación o déficit que resultaba no imposto para 1916 (9.381,71 Ptas.), así como unha importante cantidade (5.259,35 Ptas.), correspondentes á primera anualidade da moratoria que a Deputación Provincial da Coruña lle outorgara o 14 de xaneiro do 1915.

Obviamente este feito foi tomado por parte das e dos viciños como un claro abus. Tanto a Liga Agraria de Nebra como a Protección Obreira do Porto do Son realizarían xuntanzas entre a afiliación para informaren da devandita realidade e as medidas que entendías compría tomar. Os contactos entre a Liga Agraria e a Protección Obreira faríanse irían in crescendo até promover unha serie de moblizacións ao respeito. Diversas manifestacións se darían, chegando a verse detidos varios labregos e operarios cara o 3 de abril. Feito que daría maiores actos populares de repulsa, pedindo a liberación dos presos -segundo a imprensa da altura máis de 3.000 manifestantes pedirían a inicios de xullo do 1916 a excarcelación dos detidos-.

Estes actos serían seguidos por outros, que darían, entre outros, a demisión da corporación municipal do Porto do Son cara o outono daquel ano. Era aquela unha realidade que non podían tolerar  as instancias gobernamentais, que procederían a executar embargos á viciñanza que non afrontara os devanditos pagamentos. Uns embargos aos que se oporía -tema de total actualidade, coma tantos da nosa Historia- a maioría da poboación concentrada arredor das propiedades dos embargados. Diante das novas concentrais populares daríase unha forte presenza da Guardia Civil. Así, cara o 12 de outubro  do 1916 en Ponte de Cans, Nebra, axentes deste último corpo militar abrirían fogo contra os viciños, dando lugar a máis de seis mortos, para alén de ducias de feridos -mutilados boa parte destes…-. Desde aquel mesmo ano o galeguismo, de inicio a través das Irmandades da Fala -nadas meses despois do devandito suceso-, lembrarían aqueles feitos.

Nos nosos días en lembranza daquela resistencia popular -mantida no tempo por labregas e labregos do noso rural (Sofán, Oseira, …)-, familiares e simpatizantes daquelas e aqueles veñen de organizar un acto conmemorativo do noventa e cinco aniversario daqueles feitos.

+ INFO: http://denebrason.eu/

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman