Que podemos dicir hoxe de Prisciliano? Vol.23/24

Prisciliano é algo tan grande, encerra un misterio tan profundo, que non sei se os galegos

chegaremos endexamais a descubrilo. E quen sabe se moito do noso porvir non pende nel!”.

Vicente Risco

Sinopse

 

Prisciliano é un nome que soa nos oidos de gran parte dos galegos, pero poucos saben con precisión quen foi realmente. Díxose que temos poucas noticias da súa historia e do seu pensamento. Pero isto só é certo en parte, por ser un persoeiro da antigüidade serodia e sobre o que se quixo impor unha capa de silencio ao longo dos séculos. Hoxe dispomos de máis información e podemos dicir que fundamentealmente Prisciliano foi un home bo e un asceta do século IV; teólogo xenial e iniciador dun movemento social renovador; un profeta contra o poder, axustizado inicua e falsamente por conducta licenciosa e maleficio. Pero que deveu nun dos persoeiros máis relevantes da historia galega, e que hoxe pode e debe ser tamén un mito e un símbolo para Galiza.

Palabras chave: Prisciliano, teoloxía, renovación relixiosa.

 

Abstract

Priscillian is a name that sounds in the ears of big part of the Galician, but few know accurately the one who was really. It said that we have few news of the his history and of the his thought. But this only is true partly, for being a figure of the late antiquity and envelope what wanted to impose a layer of silence along the centuries. Today we have of more information and can say that fundamentealmente Priscillian was a good man and an asceta of the century IV; teólogo groovy and iniciador of a social movement renovador; a prophet against it can, executed inicua and falsely by conducta licenciosa and maleficio. But that became in one of the figures more relevantes of the Galician history, and that today can and has to be also a myth and a symbol stop Galiza.

 

Key words: Priscillian, theology, religious renewal.

Prisciliano: fontes e historia

O drama case surrealista de Prisciliano é o feito de seres un asceta, un home austero de conduta moral rigorosa, que buscou que a Igrexa volvera ás súas raíces evanxélicas predicando e vivindo a pobreza e o ascetismo, e que rematara sendo axustizado por conduta licenciosa, como un bruxo libidinoso practicante da maxia negra. Un dramático desenlace no que as presuntas ou reais herexías teolóxicas tiveron pouco que ver. Sen embargo, a imaxe de Prisciliano como un home de costumes morais lixeiras quedou no imaxinario de moita xente; non só a nivel popular, senón tamén a nivel literaio. Coñecer a súa historia real non é doado; tentar refacela, aínda que brevemente, supón un certo grado de ousadía. Por iso, Fernando Sánchez Dragó, escribía hai anos:

“Reconstruir su vida es un paseo por el filo de la navaja… Amigos y enemigos –los unos para evitar profanaciones, los otros para urdir calumnias- han revestido de ambigüedad circunstancias que allá en el siglo IV fueron sin duda cotidianas y tangibles. El historiador, acertando encrucijadas, tiene que devolver perfiles concretos a lo que en cada caso le parece más verosímil. Pero a los historiadores, con salvedades casi siempre extranjeras, no les gusta ocuparse de Prisciliano… Quizás apabulle un individuo tan emblemático y problemático” (Gárgoris y Habidis. Una historia mágica de España 2).

Sendo isto parcialmente certo, tentei unha sintética reconstrucción da súa vida e a obra. As dificultades para coñecer a realidade histórica de Prisciliano son, ademais das habituais dun historiador da antigüidade serodia -a escaseza de fontes-, a  análise dun persoeiro considerado pai dunha herexía importante; isto último condiciona as referencias acerca del dunha tradición antipriscilianista, que buscou sobre todo acusalo e combatelo, para eliminar toda disensión.

a) As fontes

As fontes principais de que dispomos hoxe para coñecer a Prisciliano e o priscilianismo son:

1. Fontes que tradicionalmente se atribuiron a Prisciliano e os seus seguidores. PRISCILIANO, Tractatus undecim, Canones in Pauli apostoli epistulas e Fragmentum epistulae. Dispomos do manuscrito de Würzburg atopado por Georges Schepss en 1885; un códice do s.V-VI de excepcional valor. Está recoñecido que, ou todos ou, polo menos, algúns dos Tratados, son da autoría do mesmo Prisciliano.

De dubidosa atribución a Prisciliano, pero do seu círculo temos: De Trinitate fidei catholicae, Prologi monarchiani, Epistula Titi, Apocalypsis Thomas, FidesSancti Ambrosii”, Fragmentum de creatione mundi, Vita Sanctae Heliae, ApocryphaPriscillianistica” e Consensoria monachorum.

2. Para coñecer a historia de Prisciliano é especialmente salientable a Chronica (400-404) de SULPICIO SEVERO, xurista e historiador aquitano contemporáneo de Prisciliano; aínda que parte de información antipriscilianista, é o único documento antigo que fala de maneira unitaria de todo o conflicto; tamén fala de Prisciliano nos seus  Dialogi (II) e na Vita Martini, sobre Martiño de Tours. Logo temos o Panegyricus do retórico galo PACATO DREPANIO, do ano 389 ante o Senado romano…

Victorino Pérez Prieto

Máis en Murguía, Revista Galega de Historia 23-24

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman