II Encontro Galeusca de Historia

Tal e como este portal xa informara noutrora, o Museu d’Història de Catalunya foi sede en decembro do 2010 da I Trobada Galeusca d’Historiadors; encontro que mobilizou a diversas entidades e a uns setenta historiadores, entre ponentes, relatores e asistentes ás dúas xornadas do devandito encontro.

O mundo universitario galego, basco e catalán adheriuse con entusiasmo ás xornadas, a través dos docentes e investigadores que participaron do congreso. Encontro ideado en boa medida desde o 2008, cando daquelas impulsouse desde Galiza o manifesto en lembranza do 75 aniversario do pacto Galeuzca, asinado o 25 de xullo de 1933 na capital galega.

Nestas datas estase a ultimar o programa do II Encontro Galeusca, que terá lugar en Bilbao no vindeiro mes de xullo. En breve publicitaremos a relación de ponencias, entre as que se achan varias de investigadores galegos. Sexa como for, xirarán os relatorios arredor das seguintes liñas:

1.- Asambleas Representativas y Parlamentos. (Siglos XVI-XXI) : Trayectoria y biografías de parlamentarios y personal de las instituciones representativas.

2.- Biografías intelectuales, microbiografía de personalidades con carisma. Relatos e historiografías.

3.- Realidades transfronterizas de Galicia, Euskadi-Euskal Herria y Catalunya-Paisos Catalans.

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman