Acerca

Murguía, Revista Galega de Historia nº9 (xaneiro, 2006)

Murguía, Revista Galega de Historia, con ISSN 1696-9197, é unha publicación galega semestral (cuatrimestral até 2008), formato papel e en galego, de ámbito internacional e centrada na historia das galegas e galegos en territorio ibérico e na diáspora, con avaliación en base ao sistema de revisión pares de duplos cegos (double-blind peer review); conxunto de características que a fan única no seu xénero.

Nacida no ano 2003 sob a dirección de Uxío-Breogán Diéguez e a coordinación de Alexandra Cabana Outeiro, da man do daquelas recén nado “Colectivo Murguía”. Foi editada por este colectivo e a Asociación Galega de Historiadores, entidade creada no ano 1991 no marco da USC e co-editora da publicación, até o ano 2011. A partir dese ano pasou a se editar polo Instituto Galego de Historia, entidade científica na que se integraría a AGH.

Ten unha vontade integradora á hora de sumar esforzos na procura dun maior coñecimento do pretérito da Galiza. A rigorosidade na análise do noso pasado, a súa divulgación e a achega a unha necesaria interdisciplinariedade para unha mellor comprensión da historia son os signos chave do proxecto que representa Murguía.

Toma o seu nome a revista do historiador e polígrafo Manuel Murguía, mostra de recoñecemento merecido ao seu amplo e productivo traballo. Recordatorio dun historiador comprometido co seu tempo, sabedor da importancia do pasado respeito do presente e o futuro.

Murguía, Revista Galega de Historia fica estruturada, desde o seu nacemento, en sete seccións, a saber:

    • Fontes, apartado no que se editan textos históricos inéditos e/ou editados de grande relevancia e singularidade
    • Investigación, é o grosso da revista, onde se teñen tratado e tratan diversas cuestións da historia a nivel nacional mais tamén local
    • A Entrevista, espazo no que se conversa con persoas sobranceiras, quer coma historiadores/as, quer coma persoas de importante traxectoria histórica
    • Lembranzas, sección na que se destaca a traxectoria e pensamento de persoeiros galegos a través dos seus propios textos
    • Museos e Arquivos, onde paseamos e achegamos aos lectores e lectoras por unha institución que destaca polo coidado de pezas documentais, bibliográficas e, entre outras, hemerográficas, mais tamén por centros de investigación
    • Lecturas, pretende ser un escaparate das novidades editoriais sobre historia, etnografía, antropoloxía, etc,
    • n’A Rede, navegamos pola internet na procura de webs de interese cultural

Murguía, Revista Galega de Historia nº33 (xaneiro, 2016)

As portas de Murguía, Revista Galega de Historia fican abertas a todas e todos os estudosos e estudosas que poidan aportar o seu grao de area á reconstrucción e, en definitiva, ao coñecimento completo da realidade histórica de Galiza.

Murguía, Revista Galega de Historia conta, así mesmo, con presenza no formato dixital.

Complementando a existencia deste portal-e, a publicación ten presenta en Facebook , https://www.facebook.com/revistamurguia/ e Twitter, @Murguia_Revista. O propósito que explica esta presenza nas redes sociais foi e é ser unha ferramenta para a información de todo aquilo relativo á historia do país, nun sentido amplo e dinámico, de tal modo que está aberta a publicación para dar conta de encontros, denuncia do deterioro de elementos do noso patrimonio, así como altofalante de iniciativas e novas diversas que nos poidas facer chegar.

 

Desde 2018 Murguía, Revista Galega de Historia anovou a súa imaxe corporativa, dando lugar a melloras no seu formato e contidos (ampliando temáticamente algunhas seccións, caso de “Murseos e Arquivos”, que pasou a se denominar “Murseos, Arquivos, Bibliotecas e Lugares”) .

 

 

Indexada en:

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman