Murguía, Revista Galega de Historia nº3 -Xaneiro-Abril 2004 | Edita: Asociación Galega de Historiadores/as (AGH) | ISSN 1696-9197| ANO I
Consello de Redacción
 
Editorial
Fontes
Investigación
A Entrevista
Lembranzas
Lecturas
A Rede
Hemeroteca
 
A rede
Murguía nas librarías!

A túa revista de Historia

 

 

 

www.25abril.org

“Em 25 de Abril de 1974 o Movimento das Forças Armadas (MFA), derrubou o regime de ditadura que durante 48 anos oprimiu o Povo Português. Restituindo a Liberdade aos Portugueses, com a Revolução dos Cravos, os militares de Abril acabaram também com o isolacionismo a que Portugal estava condenado há já vários anos. Solucionando o problema colonial, dando origem a novos países independentes, a Revolução dos Cravos foi o movimento pioneiro de enormes transformações democráticas em todo o mundo e demonstrou que as Forças Armadas não estão condenadas a ser um instrumento de opressão podendo, pelo contrário, ser um elemento libertador dos povos. Democratizar, Descolonizar e Desenvolver foi o lema que então fez regressar Portugal ao fôrum das nações livres e amantes da paz”. É con estas significativas verbas coas que o presidente da dirección da Associação 25 de Abril, Vasco Lourenço, nos dá a benvida ao espazo desta entidade na rede. Co espírito reflectido nestas liñas nace a Associação, sen fins lucrativos e coa vontade de recuperar e consolidar para o povo portugués, e para todas as nacións do mundo, os valores de Abril.
A páxina conta cun atractivo deseño e permítenos coñecer boa parte do traballo que desenvolve a Associação, desde a edición de diverso material relacionado coa revolución, até a conformación dunha ampla biblioteca, património cultural, celebración de congresos, posta en marcha dun Observatório da Democrácia e un Centro de Documentación, etc.
Neste ano no que celebramos o trinta aniversário da derrota do fascismo salazarista en Portugal, recomendamos esta visita como un exercício máis de recuperación da memória histórica, heroica neste caso, que tan de perto nos tocou. TEXTO: DAVIDE LOIMIL

 

www.usc.es/troia/rochaforte/index.htm.

Páxina do proxecto arqueológico da fortaleza medieval da Rocha Forte, que xurde a raíz do convenio firmado entre o Concello de Santiago de Compostela e a Universidade de Santiago, a través do Departamento de Historia I, para realizar o estudio histórico-arqueolóxico da fortaleza medieval de A Rocha Forte.
Este sitio mostra, cunha navegación sinxela, a localización do xacemento, un resumo dos obxectivos e parámetros do proxecto, planimetrías en CAD e imaxes da campaña 2003, así coma dos materiaís máis significativos que apareceron na escavación da fortaleza medieval. Ademáis conta cunha pequena lista de enlaces de intérese, tanto para aficionados como para estudosos da arqueoloxía.
Visitando esta dirección obteremos datos históricos e técnicos sobre a fortaleza destruída na segunda guerra irmandiña en 1467, e tamén dos traballos arqueolóxicos desenvolvidos nun lugar de amplo valor e significado histórico para a capital de Galiza.TEXTO: VÍTOR VÁZQUEZ

 

www.vianovaxviii.com

Esta páxina presentanos un novo concepto de itinerario cultural a traves do legado de Roma na Baixa Limia. O seu eixo vertebrador é a via nova de Antonino, que unía Asturica Augusta (Asturias) con Braccara Augusta (Braga), xunto co seu patrimonio circundante de gran riqueza e potencial arqueolóxico e turístico. Polo cal os seus impulsores, a fundación ‘Aquae Quarquernnae Via Nova’, pretenden a creación dun grande itinerario cultural transfronteirizo, sendo punto de partida o campamento militar de Aquis Quarquennis un dos grandes conxuntos arqueolóxicos do Noroeste peninsular.
Polo tanto, non nos atopamos cun sitio de arqueoloxía stricto senso, senón que é unha breve exposición do ambicioso proxecto de posta en valor dun amplo patrimonio histórico a traves dunha das meirandes obras de enxeñeria feitas polo Imperio Romano no noso territorio. Deste tipo de iniciativas xa existen paralelos no estado español e tamen en Europa, como nos mostran os enlaces que ofrece, mesmo doutras rutas e proxectos similares. TEXTO: V.V.

[Murguía, Revista Galega de Historia nº3 Xaneiro-Abril 2004

| ISSN 1696-9197]

 

Seccións
Contacta con nós







Normas de Publicación

O teu Foro

Manuel Murguía, unha biografía

Ligazóns