Murguía, Revista Galega de Historia | Edita: Asociación Galega de Historiadores/as (AGH) | ISSN 1696-9197| 2003-2005

Corpoo Editorial

 
Editorial
Fontes
Investigación
A Entrevista
Lembranzas
Lecturas
A Rede
Hemeroteca
 
Hemeroteca
Murguía nas librarías!

A túa revista de Historia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


[Murguía, Revista Galega de Historia | ISSN 1696-9197]

 

Seccións
Contacta con nós







O teu foro

Manuel Murguía, unha biografía

Ligazóns
 

Uxío-Breogán Diéguez, á esquerda, con Davide Loimil e Marcos Maceira á direita na Galería Sargadelos

Nace a revista «Murguía» para a divulgación da historia de Galicia
·Editada pola Asociación Galega de Historiadores, sairá cunha periodicidade cuatrimestral.
·As páxinas da publicación están abertas a traballos de tódalas épocas e especialidades.

La Voz de Galicia 3/12/2003 / Redacción: C.P. / FOTO: PACO RODRÍGUEZ

A Asociación Galega de Historiadores enche un baleiro no mundo cultural coa edición da revista galega de Historia Murguía , unha publicación periódica que bota a andar coa ambición de divulgar o coñecemento das distintas épocas históricas e contribuir á difusión de estudios e investigacións dende a Prehistoria á etapa contemporánea.

A nova revista, editada en formato libro, foi presentada en Compostela, da man da Asociación Cultural O Galo, polo seu director e presidente da asociación de historiadores, Uxío-Breogán Diéguez, que explicou que a razón de chamarlle Murguía á publicación responde á preocupación por recuperar do esquecemento a memoria dos nosos historiadores clásicos, devanceiros e en concreto a memoria de Manuel Murguía, «pai da moderna historiografía galega e referente no contexto de finais do século XIX; modélico, pola súa entrega, por cantos se preocuparon pola recuperación da nosa memoria histórica e vixente polos que hoxendía investigamos sobre a nosa historia».

En Galicia existen algunhas publicacións de Historia de caracter máis científico coma o anuario Gallaecia , do departamento de Historia Antiga da USC, e Cuadernos de Estudios Gallegos , do Instituto de Estudios Padre Sarmiento.

----------------------------------------------------------------------------

Unha nova revista sobre a historia do país

Vieiros, 3/12/2003. Redacción: Vieiros

O vindeiro mes de xaneiro estará nas librarías o segundo número dunha nova publicación dedicada a pescudar a historia do país. Murguía, Revista Galega de Historia está editada pola Asociación Galega de Historiadores, AGH e dirixida por Uxío Breogán Diéguez. A revista, que terá unha periodicidade cuadrimestral, inclúe diversas seccións como fontes, investigacións, novidades editoriais, a historia na rede e unha entrevista, que no primeiro número foille realizada a Avelino Pousa Antelo.

---------------------------------------------------------------------------

Andainas e Murguía

Culturagalega.org 3/12/2003


Hai xa vinte anos que saía a rúa en Compostela o primeiro número de "Andaina", a revista galega de pensamento feminista. Estes días, a publicación celebra o seu aniversario cunha mostra que reúne carteis e portadas de todo este tempo, no que a revista non faltou unha soa vez á súa cita cuadrimestral. E mentres, tamén en Compostela se presenta "Murguía", revista da Asociación Galega de Historiadores que rende homenaxe ao pai da historiografía moderna galega.

------------------------------------------------------------------------------------------------

Revista da Historia

Diario de Pontevedra,

----------------------------------------------------------------------------

El director de «Murguía» presentó el segundo número de la revista de historia en la ciudad del Landro

La Voz de Galicia 20/03/2004

(la voz | viveiro)


El director de la revista Murguía , Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, presentó el viernes en Viveiro el número dos de esta publicación de periodicidad cuatrimestral dedicada a la historia gallega. Le acompañó el delegado municipal de Cultura, el nacionalista Francisco Luis Rodríguez Guerreiro.

Este ejemplar, de 142 páginas, contiene artículos sobre la novela histórica en las naciones sin Estado, de Darío Xohán Cabana; el minifundio sostenible y la agricultura familiar, con un estudio sobre la cooperativa Feiraco, de varios autores; el impacto del turismo en el ámbito rural, de Xosé M. Santos Solla; la emigración y el retorno a través de la correspondencia familiar de los emigrantes gallegos en América Latina (1880-1960), de Raúl Soutelo Vázquez; o los montes comunales, de Antom Santos Pérez.

-----------------------------------------------------------------------------------------------
"Murguía pretende manter a tensión en relación cos estudos históricos"
Diario da Universidade de Vigo 1/4/04 Actividades


Entrevista a Uxío-Breogán Diéguez

C.L. | Ourense
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, membro da Asociación Galega de Historiadores e director de “Murguía. Revista Galega de Historia” ven de presentar a nova publicación no campus de Ourense dentro do I Ciclo de Cultura Galega organizada pola Universidade e AGAL. A revista comezou a súa andadura en xullo do pasado ano e está a piques de sacar o seu terceiro número.

¿Ónde presentastes a revista anteriormente?
A presentación xa se realizou en lugares coma Pontevedra, Viveiro ou Santiago.

¿Qué acollida tiveron os primeiros exemplares?
O número 1 está esgotado e o número 2 vai camiño diso. Temos un número importante de suscriptores e estase a vender ben en librarías. Tamén estamos presentes en bibliotecas doutras institucións.

¿Quen compoñedes o equipo de redacción?
O consello de redacción está composto por dez persoas que destacan pola súa mocidade xa que contan cunha media de idade duns 28 ou 30 anos e, non obstante, pola experiencia destes investigadores, amosada a través dos seus artigos e libros. Trátase de
dez investigadores que teñen un currículo bastante amplo e que proceden dende o estudo da Historia Contemporánea
até a Prehistoria, a Arqueoloxía ou a Paleografía, pasando concretamente pola Historia do Galeguismo, a 2ª República, a sociedade baixomedieval galega, etc.

¿Estamos a falar da única publicación destas características que existe en Galicia?

Sí, e esta en parte explica porque nace a propia revista. Até o momento había varias publicacións pero eran, a maioría, anuarios, non habendo publicacións de dimensión galega cunha periodicidade menor, das características desta nosa revista. É cuadrimestral porque pensabamos que había que manter a tensión en relación cos estudos históricos, amosando o noso grande caudal de investigacións referidas ao noso pasado.

¿Cal é o prezo de cada exemplar?

É de 9 euros en librarías e de 23 euros a suscripción anual.

¿Por qué surxe esta iniciativa e por parte de quen?

Xorde a partir da Asociación Galega de Historiadores. Na nova directiva, do 99, coincidíase na necesidade de ter unha publicación cuadrimestral adicada á Historia.

¿Por qué o nome de Manuel Murguía?
É o pai da historiografía nacional galega e, como tal, fixo un grande esforzo como historiador de cara á sociedade para que esta estivera orgullosa do seu pasado, sinalando que falaba dunha historia diferenciada respeito de outras unidades poboacionais. A revista leva o seu nome coma unha pequena homenaxe a este tremendo esforzo.

¿Qué outras actividades estades a realizar nestes intres ou tedes pensado facer?
A Asociación Galega de Historiadores leva traballando catorce anos e neste intre non se pode entender a Asociación sen a revista Murguía e viceversa. Dende a Asociación organizamos dous congresos anuais: a Semana Galega de Historia e o Congreso de Novos Historiadores, que celebrarán este ano a súa XI edición.
Até o momento se celebraron en Santiago e Lugo, xa que o groso de estudantes de Historia se atopan na USC, máis tamén se valora a posibilidade de facelo en Ourense.
Tamén estamos a avaliar a posibilidade de facer unhas xornadas de verán que leven a Historia a pequenas vilas e que se desenvolverán en colaboración con entidades locais.

¿A que se debe a presentación que fixestes en Ourense?
A presentación tivo lugar no marco dunhas xornadas de Historia mais se non nos tivesen invitado tamén teriamos vido. De feito tiñamos pensado facer a presentación de todos os xeitos. É, de todos os xeitos de agracer o convite.


-----------------------------------------------------------------------------------------------

 

 


 

 

 

 

Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, director de Murguía, Revista Galega de Historia

Os profesores Alberte Lago, integrante de Murguía, á esquerda e Francisco L. Rodríguez nunha foto do acto en Viveiro

Subscríbase!