Murguía, Revista Galega de Historia | Edita: Asociación Galega de Historiadores/as (AGH) | ISSN 1696-9197| ANO I
Consello de Redacción
Editorial
Fontes
Investigación
A Entrevista
Lembranzas
Lecturas
A Rede
Hemeroteca
 
Normas de Publicación
Murguía nas librarías!

A túa revista de Historia

Os Traballos. Recebiranse traballos de investigación inéditos escritos en lingua galega e que se refiran á historia de Galiza, desde calquera disciplina (historia, xeografía, filoloxía...), enfoque ou temática, incluíndo neste sentido a edición de fontes documentais. Tamén se poderán enviar recensións de libros. A aceptación dos orixinais para a súa publicación dependerá da decisión do consello de redacción, que poderá consultar a outros especialistas de ser necesario.

A Extensión. A extensión máxima dos artigos e das edicións de fontes é de corenta mil caracteres, incluíndo neste cómputo bibliografía, notas a rodapé e apéndices documentais. Os traballos poderán ter un máximo de dez ilustracións (fotografías, gráficos, debuxos...).

Os Datos. Todos os traballos (artigos, edicións de fontes, recensións) levarán unha folla aparte onde se indiquen os datos do autor/es (nome a apelidos, enderezo, teléfono, correo electrónico) e os datos do traballo (título, procesador de textos utilizado, número e nome dos arquivos informáticos onde se envíen texto e ilustracións).

O Texto. Os/As autores/as entregarán o texto en programa informático MicrosoftWord ou WordPerfect. O texto enviarase sen deseño (sen paxinación, encabezamentos e pés de páxina, marxes especiais...). As citas textuais marcaranse entre “ ” e en cursiva. As notas a rodapé serán as imprescindíbeis e as citas que se fagan nelas terán formato reducido, reservando a referencia completa para a bibliografía.

As Ilustracións. É recomendábel que tódolos traballos se acheguen con algunha ilustración. As ilustracións que se inclúan (fotografías, gráficos, debuxos, cadros, mapas...) deberán ir referenciadas e numeradas no lugar do traballo onde se insiran, incluíndo o texto para lles poñer ao pé. Cada imaxe enviarase impresa con calidade, recomendándose tamén o envío de cadanseu arquivo en soporte informático (JPG, TIF, EPS) a 300puntos. Os mapas e os planos deberán incluir a escala gráfica e a orientación.

A Bibliografía irá ao final do traballo, baixo o título Bibliografía, por orde alfabética de autores/as e, dentro de cada autor/a, por orde cronolóxica. Seguirase un dos seguintes modelos, con estas especificacións tipográficas:
Para libros:
-Apelidos do autor/a, nome do autor/a: Título do libro en cursiva. Lugar de edición, editorial, ano.
ou
-Apelidos do autor/a, nome do autor/a (ano de publicación entre parénteses): Título do libro en cursiva. Lugar de edición, editorial.
Para artigos:
-Apelidos do autor/a, nome do autor/a: “Título do artigo entre “ ” ”. En Título da revista en cursiva. Número da revista. Lugar de edición, editorial, ano. Páxinas do artigo [pp. xx-xx.].
ou
-Apelidos do autor/a, nome do autor/a (ano de publicación entre parénteses): “Título do artigo entre “ ” ”. En Título da revista en cursiva. Número da revista. Lugar de edición, editorial. Páxinas do artigo [pp. xx-xx.].

Para capítulos de libro:
-Apelidos do autor/a, nome do autor/a: “Título do capítulo entre “ ” ”. En Apelidos do autor da obra colectiva, nome: Título da obra colectiva en cursiva. Lugar de edición, editorial, ano. Páxinas do capítulo [pp. xx-xx.].
ou
-Apelidos do autor/a, nome do autor/a (ano de publicación entre parénteses): “Título do capítulo entre “ ” ”. En Apelidos do autor da obra colectiva, nome: Título da obra colectiva en cursiva. Lugar de edición, editorial. Páxinas do capítulo [pp. xx-xx.].

As Recensións. As recensións de libros terán unha extensión máxima de dous mil setecentos caracteres. Incluiranse os seguintes datos ao comezo da recensión: nome do libro recensionado, autor/a do libro, editorial, lugar e ano de edición, número de páxinas e, por último, o nome da persoa que recensiona o libro. Será necesario, aliás, o envío dunha copia da capa do libro, preferentemente en formato dixital (JPG, TIF, EPS).

O Envío. Os traballos (artigos, edicións de fontes, recensións) serán enviados á redacción da revista incluíndo no envío unha versión en soporte informático (CD ou disquete, rotulados co seu nome) e outra impresa en papel. Tamén se poderán enviar os traballos por correo electrónico, mais esta posibilidade non exclúe, ao contrario, o envío da copia impresa por correo ordinario.

 

 

 


 

 

 

[Murguía, Revista Galega de Historia | ISSN 1696-9197]

Seccións
Contacta con nós







Normas de Publicación

O teu Foro

Manuel Murguía, unha biografía

Ligazóns