Vimos de saber do pasamento de Avelino Pousa Antelo (Arzón, A Baña. 1914).
Loitador agrarista, político, escritor, presidente da Fundación Castelao foi, sobre todo, unha persoa de grandísima talla que se consagrou ao país que o víu nascer.
Tal e como se refere na imprensa “Cando estaba a piques de cumprir un século de vida, Avelino Pousa Antelo pecha unha biografía ateigada de compromiso coa nosa lingua, coa nosa cultura e co noso país“.
A tristura polo falecimento deste bon o xeneroso é inmensa.