Historia política de Galiza. Novidades bibliográficas.

Nos últimos anos diversas entidades galegas deron lugar a obras que nos remiten á historia de Galiza e, nomeadamente, á historia do nacionalismo galaico. Achegas de grande relevo na maior parte dos casos en favor dun coñecimento exhaustivo da historia política de Galiza.

Á cabeza destas institucións podemos salientar o esforzo da Fundación Galiza Sempre (FGS), a Fundación Bautista Álvarez e a Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e Divulgación da Realidade Social e Sindical na Galiza (FESGA).

 

As últimas obras que Galiza Sempre ten adicado, até a altura, á historia do nacionalismo galego foron Ollada exterior do nacionalismo galego (2010) e O nacionalismo nos seus programas políticos. O século XX (2009), obras nas que participaron Xusto Beramendi, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, profesor da Universidade da Coruña, Xulio Ríos, director do IGADI, Xosé Manuel Beiras, parlamentario galego, o también profesor Xosé Ramón Quintana e Prudencio Viveiro Mogo, historiador, activo do Consello da Cultura Galega.

 

A Fundación Bautista Álvarez editou recentemente A terra sabe a loita: testemuño da rebeldía galega (2012), obra da que é autor o histórico dirixente campesiño Emilio López Pérez; e algún tempo antes xa editara, entre outros, Moncho Reboiras: o nacionalismo galego nos anos ’70 (2009), libro colectivo de memorias.

 

Fundación Moncho Reboiras (FESGA)

Nas últimas semanas a Fundación Moncho Reboiras completou un ambicioso proxecto. A mediados do pasado mes de decembro inauguraba no Museo Provincial de Lugo a exposición intitulada Do Piñeirismo ao Consello da Mocidade. O rexurdir do nacionalismo galego. Unha mostra que puxo o foco sobre a historia do nacionalismo galego entre o golpe militar españolista de 1936 e mediados dos anos sesenta do pasado século XX, cando se relanzaron as organizacións políticas xenuinamente galegas na clandestinidade da ditadura franquista.

Do piñeirismo ao Consello da Mocidade. Xoán Carlos Garrido e Uxío-Breogán Diéguez 2013

 

Esta exposición foi a antesala do lanzamento do libro homónimo, da autoría do profesor Uxío-Breogán Diéguez, historiador especializado na materia, e de Xoán Carlos Garrido Couceiro, profesor y filósofo. Este amplo proxecto, financiado pola Deputación Provincial de Lugo, deu lugar, así mesmo, a unha síntese en formato audiovisual, que pode ser visualizada desde hai días en:  http://www.fesga.org/?p=2167 .

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman