Francisco Carballo, sempre na memoria.

Após o falecimento en Salamanca do historiador e sacerdote Francisco Carballo (1925-2014), as súas cinzas están xa na Terra. Estaremos na homenaxe que o lembrará do vindeiro sábado 27 de decembro, en Maceda, sen esquecer que foi amigo e unha das primeiras persoas que confiou e alentou ‘Murguía, Revista Galega de Historia’.

É bon lembrar a Carballo a partir da súa obra e tamén do seu compromiso e pensamento deitado en múltiples entrevistas. A continuación achegamos dúas ligazón que remite a unha conversa entre Francisco Carballo e o xornalista Xan Carballa desenvolvida no ano 2007, reproducida nestes días polo semanario ‘Sermos Galiza’; así como a condea que no 1981 lle fora imposta por reflectir na ‘Historia de Galicia’, editada no 1979 pola Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), como fora o asasinato en agosto do 1975 do militante nacionalista Xosé Ramón, ‘Moncho’, Reboiras Noia.

Dúas ligazóns que contribúen ao mellor coñecimento do ser e axir dun ‘bon e xeneroso’ que sempre nos acompañará:

Conversa de Xan Carballa con Francisco Carballo 

Condea de seis meses e un día e multa de 20.000 pts a Francisco Carballo.

 

MÁIS INFO:

Homenaxe a Francisco Carballo en Maceda

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman