Ao rescate da memoria anarquista, da obreira compostelá, así como da exiliada e emigrada portuguesa na Galiza contemporánea.

“A educación como medio para liberar á clase obreira foi unha das máximas do anarquismo. Conscientes de que a ignorancia na que se mantiñan as camadas populares era unha das causas da súa explotación, o s militantes anarquistas lanzáronse a intensas campañas propagandísticas. Desde a tribuna, desde os xornais ou desde os folletos os dirixentes ácratas teimaban en sacar o pobo do seu estado de prostración, pois sabían ben que un pobo instruído era un pobo quen de loitar polos seus dereitos.

Tal era a súa preocupación por este tema que podemos falar dunha pedagoxía libertaria: a escola racionalista, en cuxa difusión se esforzaron os anarquistas.

Na liña do que comentamos, nos últimos anos apareceron unha serie de libros que recrean ben o propagandismo anarquista en Galiza, ben o labor militante de anarquistas galegos. As seguintes liñas prentenden ser unha análise de tres desas obras.

A primeira delas glosa a viaxe que Federica Montsen y realizou a Galiza en 1935. As outras dúas son memorias de vida de dous anarquistas: Juana Rouco e Antonio Loredo”.

Emigrantes, exiliados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza. Dionísio Pereira Así comeza, e da man do historiador Prudencio Viveiro Mogo, a sección ‘Lecturas’ do volume 29/30 de Murguía, Revista Galega de Historia .

A seguir, os historiadores Gustavo Hervella e Antom Santos reseñan cadansúa obra para nos trasladar á realidade da comunidade portuguesa na Galiza entre o 1890 e o 1940 e o mundo obreiro compostelán a partir da figura de José Pasín Romero. No primeiro caso a obra escollida é Emigrantes, Exiliados e Perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940) e no segundo José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela, ambas do prolífico historiador Dionísio Pereira.

 

 

A continuación pode ler integramente -ou mesmo descarregar de balde- a sección ‘Lecturas’ do vol. 29/30 de Murguía, Revista Galega de Historia:

[embeddoc url=”http://www.revistamurguia.com/wp-content/uploads/2015/01/Murguía_Revista_Galega_de_Historia_29-30_Seccion_Lecturas_2014_pp_127_143.pdf” download=”all”]

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman