Inferioridade e supeditación. A condición feminina na literatura médica dos séculos XIX e XX.

Charles Darwin (1809-1882)
Charles Darwin (1809-1882)
 ….
Autora: Silvia Cernadas Martínez

 

A consideración da feminidade no ámbito científico occidental.

A ampla produción científica que atopamos na segunda metade do século XIX e comezos do XX sobre a defensa ou, na menor parte dos casos, a refutación
da inferioridade fisiolóxica das mulleres respecto dos homes indícanos que este era un tema candente na sociedade occidental. Non debemos esquecer que estamos nun momento en que as mulleres tentan facerse un oco na vida pública en xeral e no mundo da medicina en particular. O movemento feminista proponse conseguir a igualdade entre homes e mulleres, aínda que iso supoña romper co esquema andrárquico que funcionaba dende había séculos. O mundo tradicional reacciona ante esta ofensiva estudando as diferenzas “naturais” entre ambos sexos a través do que se consideraba daquela o método científico e co obxecto de lexitimar a orde social imperante.

A medicina, neste senso, como as súas disciplinas afíns que nacen no século XIX –psicoloxía, bioloxía, etc.– pasa a ser un instrumento de reafirmación ideolóxica
que conta co prestixio de ser unha ciencia con séculos de tradición. Estes científicos comezan a falar dunha “orde natural” cientificamente demostrada que presenta a homes e mulleres como seres desiguais e, pola cal, se lexitimaba a desigualdade social entre ambos sexos, rexeitando as diferenzas culturais como
factor explicativo. Calquera cambio nesta orde natural, como demandaban as feministas, provocaría graves alteracións no devir das propias mulleres e, por extensión, da sociedade.

Spencer

Herbert Spencer (1820-1903)

 

Así pois, a partires de comezos do século XIX e ó fío das reivindicacións feministas, foi en EUA e Inglaterra onde primeiro se pronunciaron os científicos.
El origen del hombre y la selección en relación con el sexo (1871), de Ch. Darwin, inaugura as teorías do darwinismo social que dan por sentado as diferenzas intelectuais entre homes e mulleres, xa que estas tiñan que gastar gran parte das súas enerxías na formación dos fetos. O naturalista inglés engade nesta obra: “Por lo general se admite que la intuición, la percepción rápida y a caso la imitación se dan de modo más acusado en la mujer que en el hombre; pero algunas, cuando menos, de dichas facultades son atributos de las razas inferiores, y por consiguiente de un estadio anterior e inferior de civilización”.

Ler máis:

 

[embeddoc url=”http://www.revistamurguia.com/wp-content/uploads/2015/02/Murguía-29-30_2014_pp_91_106.pdf” viewer=”google”]

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman