O movemento obreiro socialista na provincia de Lugo (1902- 1936)

Autora: Rocío Botana Iglesias

 

O presente artigo ten como obxectivo trazar a evolución do socialismo na provincia de Lugo entre os anos 1902 e 1936. A presenza do movemento socialista en Lugo é tardía con respecto ao resto do Estado e do país a causa da súa serodia industrialización e predominio da agricultura, emigración e do caciquismo. Entre os anos 1902 e 1917, o socialismo inicia a súa implantación vinculada á visita de Pablo Iglesias a Galicia en 1907, á celebración en Lugo do III Congreso Socialista de en 1908 e á constitución de Agrupacións Socialistas e Xuventudes Socialistas na capital e nas principais vilas da provincia. Durante o período que vai de 1917 ata 1936 o socialismo lucense virase condicionado polas consecuencias da I Guerra Mundial na economía, a división interna do socialismo con respecto á adhesión ou non á III Internacional e á implantación da ditadura de Primo de Rivera mais conseguirá medrar tanto en número de afiliados como na súa implantación nas vilas da provincia. Este incremento reforzarase no comezo da II República (1931-1936) na que a provincia de Lugo superará ao resto de provincias galegas en número de afiliados socialistas. A vitoria das dereitas en 1934 e a forte represión contra os sindicalistas e afiliados socialistas tralo inicio da Guerra civil abre unha nova etapa, os anos da ditadura franquista que se examinan brevemente ao final do artigo.
[embeddoc url=”http://www.revistamurguia.com/wp-content/uploads/2015/04/Murguía-29-30_2014_31_54.pdf” viewer=”google”]

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman