Antón Alonso Ríos no agrarismo tomiñés (1931-1936)

Introdución

Dar comezo a un artigo que estude a figura do líder agrarista Antón Alonso Ríos de maneira sintetizada pode resultar difícil pola complexidade da figura e polo carácter frustrante que resulta non dar amplitude ao seu pensamento.
A súa biografía tense visto enriquecida ao longo destes anos co movemento de recuperación da memoria histórica que soubo recoñecer o seu papel destacado durante a II República. Aínda así, e de todos os matices biográficos que se queiran tratar, presentar a Antón Alonso Ríos pasa por definilo como un político agrarista e un mestre galego que botou máis da metade da súa vida na Arxentina.

O seu primeiro contacto co país americano relaciónase co fenómeno migratorio, e como centos de miles de galegos e galegas, entre a segunda metade do século XIX e o primeiro terzo do século XX, conformaron o que algúns especialistas catalogaron como “éxodo”. O seu segundo contacto foi como exiliado trala guerra civil española. Entre medias, naceu, formouse, fixo carreira política e contribuíu de forma indiscutible a transformar o agro galego, non só no que atinxe á súa economía, senón no que se refire a súa forma de expresarse “politicamente” como colectivo e a fraguarse un lugar destacado que foi medrando nas dúas primeiras décadas do inaugurado século XX.

O noso relato podería continuar narrando a traxectoria deste singular personaxe pertencente a unha xeración destacada de homes de pensamento e de acción que xa acadaron a inmortalidade.

Este texto podería falar de Alonso Ríos e do lugar do seu pensamento político, das reviravoltas da súa traxectoria. Poderiamos trazar o seu paso pola ORGA
(Organización Republicana Gallega Autónoma), a súa amizade co centrista Portela Valladares, as súas relacións co Partido Galeguista e a súa candidatura
como agrarista. Unha evolución política que sempre foi da man dunha reflexión filosófica que foi mudando co paso do tempo (…).

| Autora: Natalia Jorge Pereira

Siga lendo este artigo e outros en Murguía, Revista Galega de Historia nº33 .

Nas mellores librarías do país!

Artigo ao completo:

View Fullscreen

 

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman