Arquivos Histórico-Nacionais de Galiza, Euskadi e Catalunya

O Arquivo do Reino de Galiza

http://arquivosdegalicia.xunta.gal/portal/arquivo-do-reino-de-galicia/index.html

Na cidade da Coruña ubícase o Arquivo do Reino de Galiza. Tal e como se afirma a través da súa web,  foi creado para custodiar a documentación producida pola ‘Real Audiencia de Galicia’, “…convertida máis tarde en Audiencia Territorial da Coruña, desde finais do século XIX e, sobre todo a partir do século XX recibirá tamén documentación doutras institucións de ámbito territorial galego”. Co tempo, segundo apuntan, “distintas normas asignaranlle o papel de Arquivo Histórico Provincial da Coruña para os documentos da Administración central periférica, primeiro, e da autonómica despois. Custodia tamén fondos privados e amplas coleccións de fotografía, cartografía e de postais”.

Entre os seus fondos, que remiten desde o ano 867 até o 2006, e para alén da documentación producida pola Real Audiencia de Galicia, co tempo Audiencia Territorial da Coruña, o Arquivo do Reino de Galiza conta, desde o século XIX cos fondos da Real Intendencia de Galicia, do antigo Xulgado de Correos e Camiños e protocolos notariais de escribáns defuntos. Segundo explicar os responsábeis do arquivo, hai que sumar que no século XX comezaría “…a recibir  fondos de ámbito provincial e de carácter rexistral, xudicial e da Administración central periférica, no contexto de diversas disposicións legais (…) : Contadurías de Hipotecas, Tribunais laborais da provincia da Coruña, Delegación de Hacienda, Delegación Provincial de Educación, Goberno civil, Delegación Provincial da Organización Sindical”, entre outros. Acrecentándose con doazóns persoais, caso dos arquivos persoais de María Barbeito, Carlos Martínez-Barbeito ou Ricardo Palmás, entre outros.

 

Euskadiko Artxibo Historikoa

 

 

 

 

 

 

Euskadiko Artxibo Historikoa

http://www.artxibo.euskadi.eus/es

Na cidade de Bilbao se encontra o Euskadiko Artxibo Historikoa/Archivo Histórico de Euskadi , emprazado nun edificio de uso exclusivo que se desenvolve, tan e como se indica a través da súa web “en vertical en once niveis: seis sobre rasante, andar baixo e catro sotos baixo rasante”. Os servizos que ofrece á cidadanía, apuntan, son dinámicos e pretenden ser “o reflexo dun diálogo aberto coas demandas que esta exprese”, téndose redixido no ano 2014 unha ‘Carta de Servizos’.

Este arquivo é o Arquivo do Goberno de Euskadi, desde 1936. Conta cunha biblioteca especializada, así como un grande salón de actos. Entre os seus fondos cóntanse os fondos da administración pública vasca, os fondos da administración xudicial, fondos da Xunta Electoral de Euskadi, Fondos de Gogora. Instituto da Memoria, a Convivencia e os Dereitos Humanos, fondos de asociacións e fundacións, fondos familiares, de empresa e persoais, así como coleccións fotográficas e copias en microfilms de fondos externos.

 

 

Arxiu Nacional de Catalunya

 

 

 

 

 

 

 

 

Arxiu  Nacional  de  Catalunya

http://anc.gencat.cat/es/inici/

O Arxiu Nacional de Catalunya eríxese en Sant Cugat del Vallès. Como arquivo xeral da administración, tal e como sinalan na web “ingresa, recupera e xestiona a documentación xerada pola acción política e administrativa dos departamentos, organismos e empresas da Generalitat de Catalunya.

Na súa condición de arquivo histórico, o Arxiu Nacional de Catalunya recupera toda aquela outra documentación de carácter privado que, polo seu valor testemuñal e referencial, ten unha especial relevancia para o coñecemento da historia nacional.

O Arxiu Nacional de Catalunya está adscrito ao Departamento de Cultura, dentro da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Está integrado no Sistema de Arquivos de Catalunya (SAC), sendo o principal dos Arquivos da Generalitat de Catalunya”.

Desde o Arxiu Nacional de Catalunya, en definitiva, presérvase o patrimonio documental, garántese o acceso público á documentación, difundíndose e póndose en valor o patrimonio documental catalán. Tal e como sinalan, facilítase a “comprensión histórica da nosa identidade nacional” dando apoio “á vida cultural e intelectual dos cataláns”.

Siga lendo este artigo e outros en Murguía, Revista Galega de Historia nº37 .

Nas mellores librarías do país!

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman