Johán Vicente Viqueira naceu en Madrid en 1886 no seo dunha familia liberal e culta orixinaria de Betanzos. Malia ao pouco vir para a Galiza morar, no 1898 sería conducido novamente a Madrid para estudar na Institución Libre de Enseñanza (ILE).
Licenciaríase en Filosofía pola Universidade de Madrid no 1911, viaxando a Alemaña cunha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudos da Institución, asistindo a seminarios de Psicoloxía e Pedagoxía en diferentes universidades. No 1914, sendo xa doutor en Filosofía, decidiu completar a súa formación por uns meses en Inglaterra.
De novo en Madrid, impartiu aulas na ILE e no 1917 gañou a cátedra de Filosofía con destino no Instituto de Compostela. Regresou así á Galiza, onde xa gañara sona polas súas publicacións arredor de temas pedagóxicos e psicolóxicos, entrando en contacto coa Irmandade da Fala compostelá. Cunha prometedora carreira por diante, Viqueira morrería no 1924.
A nosa escola.
¡Qué magoa para un galego enxebre, europeio moderno, cando considera o estado do seu povo! O mundo enteiro parece decirlle: ‘non, vós non sodes, pouco a pouco ides morrendo!; il sabe que isto non é certo, que aínda latexan as vellas virtudes nos espritos galeicos que farán unha grande Galicia; quixera espertalas, busca a parola meiga, en’atopa! -É que precísase mais qu’un verbe para espertar tanta y-alma asoballada, para juntar n’un apretado feixe âs vontades de tanta y-alma espallada ; espalladas por terras e mares! O día que aquelas esperten e éstos se junten comezará a nosa renascenza económica e cultural- Pois: ¿qué admirable organizazón para o noso comercio non ofrece, a inmensidade de compatriotas repartidos en todos os paises? –Que importanza cultural non pode ter a través d’iles, Galicia, semilleiro d’homes.
Non esquezamos que un meio poderosísimo para o espertar da raza é a escola. Aún debemos pôr os nosos esforzos na creazón d’unha escola galega. Como esta escola ha de corresponder â sua outísima misión non ten de limitarse â autual de escreber, lêr e contar. -Seus fins son mais elevados!- Sua aspirazón dirígese a facer germolar todo canto hay de bô na nosa raza. Surgirá d’ela novamente o vello carácter celta, audaz, forte, romántico, sen quixotismos nen baixezas, equilibrado. Â escola pedimoslle a raza en toda sua integridade: mulleres, homes da nosa raza para loitar, para vencer n’a inmensa loita da vida. Seja logo a escola o lar da Galicia. E que todo desde o lêr até o insino mais alto fágase pensando que o saber soio val cando é saber paea a vida, lembrándonos da nosa raza e dos seus fins da humanidade.
Falei de loita. Mais o home non loita con vaguedades. Precisa d’unha profesión que é o instrumento da loita da vida. Entón, o problema que temos de estudar é o da formazón profesional en relación c’a escola. Naturalmente que as profesións que agora interesánnos son as dos chamados artesáns e a de comerciante (as outras son cousa d’os institutos superiores d’educazón). Temos de intentar pois, facer na escola canto se poida, seguindo n’isto ôs paises extrangeiros mais adiantados, pol-a formazón d’as costureiras, d’as cociñeiras, d’os canteiros, ferreiros, labregos (sempre falo d’homes e mulleres!) e oficios somellantes. Cando isto se realize non irán nosos probes emigrantes en notoria inferioridade, sen agarimo, a terras descoñecidas a sofrir males e dôres pol-a incuria d’os nosos desleigados gobernantes! –Mais, para conseguer o que nos propomos teremos que ampliar as escolas primarias e ter clases profesionaes.
A lingua galega, c’o esprito galego, debe penetrar n’a escola e levalo aló envolveito n’o seu seio. Non queremos somente que se insine n’o noso linguage por ser noso. Hay para ilo tamén outros motivos. ¿Non é absurdo que hoje n’as escolas ruraes e n’as mais das vilas falen os mestres ôs discípulos en castelao, onde as rapaciñas e os rapaciños coñéceno, si o coñecen, como unha lingua extrangeira? –Isto é o mesmo que insinar na Castela en portugués ou en catalao. A mais singela pedagogia dinos que o mestre ha de chegar c’as suas palabras ô fondo d’a y-alma d’o neno. ¿E como poderen chegar con verbes extrangeiros e incomprendidos? –Ainda existe outra razón para levar ô galego â escola. O porvir económica da Galicia (ô que me refiro debe ja parte do seu benestar) e o porvir cultural, depende da sua estructura bilingue. O galego ábrelle o mundo portugués, o castelao o mundo español. Volver pol-o galego é aumentar o horizonte da nosa actividade universal!. –O galego ten de traer consigo â escola os nosos poetas vellos e novos; entre os derradeiros â profetiza da raza Rosalía de Castro. Veñan iles quentar con sagro amore da terra, os corazóns dos nosos pequenos!.
Quixera eu ainda que a escola fixeses mais. Quixera ver n’ela o centro cultural dos campos e das pequenas vilas. N’ela deben fundarse bibliotecas, no posible circulantes; n’ela deben organizarse conferências sobr’os problemas do momento, agrícolas e económicas. O mestre debe ser o conselleiro en todas aquelas cuestións d’os galegos como cidadans, como agricultores e como comerciantes, sen têr agora contra da influenza que ten de exercer no sentido do refinamento humán.
Os que isto cobizamos temos de facer d’os mestres unha aristocracia do país. Temos de erguer a sua situazón económica aumentándolles os noxentes haberes que hoje lles dan como unha esmola. Que o mestre teña cantos meios económicos precise para levar unha vida ideial, para eligir a sua carreira por amor!! – Mais si erguemos a sua posizón económica temos que erguer tamén a sua formazón pedagógica e cultural. Deben formarse para isto, os mestres na facultade (a crear!) de Filosofía da Universidade, organizando n’ela estudos pedagógicos, sustituzón d’as normas Normaes d’as que ja até os políticos da instruzón (?) pública declaran a inutilidade relativa. Ao ir os mestres a facultade de Filosofía acharían n’ela un traballo só[li]do, un horizonte amplo, e se faría a obra [de] justiza de igualalos c’os mestres sucundarios e universitarios.
Duas parolas para rematar, sobr’os edi[fi]cios escolares. A nosa arquitectura gale[ga] vaise perdendo rápidamente. No seu can[to] énchese o país d’edificios feios sen carác[ter]. Una maneira de conservala e desenvolve[la] sería declarala obrigatoria para os edific[ios] escolares, que chegarían a ser modelos arq[ui]tectónicos. – S. (sic) V. Viqueira
Viqueira, Johan Vicente, ‘A nosa Escola’, in A Nosa Terra, 28-29, 30/08/1917, p.2.