Esta mostra está comisariado polo profesor da UDC e historiador Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, membro do Padroado da Fundación e director de Murguía, Revista Galega de Historia. A mostra quere ser un recoñecemento ao labor dos integrantes da Xeración Nós diante do cen aniversario da revista homónima á que deron lugar Nós. Boletín mensual da cultura galega.
A través da mostra percórrese, así mesmo, a evolución da Galiza de finais do século XIX e o inicio do s. XX, no que se nuclean as relacións persoaos e intelectuais da devandita xeración. A través dos paneis obsérvase como se foi artellando o grupo Nós, nutríndose de esforzos previos protagonizados por integrantes doutras xeracións (caso das e dos integrantes do Rexurdimento, inspiradores das xentes de Nós); e como os integrantes de Nós participarían de iniciativas coprotagonizadas por outras xeracións, xa no tempo republicano, do que tamén participarían cofundadores de Nós, como Ramón Otero Pedrayo, Daniel R. Castelao, Vicente Risco ou Florentino López Cuevillas. Igualmente, na exposición preséntanse as ideas-forza que actuaron como común denominador da Xeración Nós, sendo centrais boa parte das súas producións políticas, intelectuais e académicas para comprender a Galiza dos nosos días, facéndose un especial recordo ao Seminario de Estudos Galegos. A mostra conta cunha subvención da Deputación Provincial da Coruña.