O Consello de Guerra a Benigno Andrade García (a) Foucellas: ¿xuízo a un guerrilleiro ou ao “foucellismo”?

O Consello de Guerra a Benigno Andrade García (a) Foucellas: ¿xuízo a un guerrilleiro ou ao “foucellismo”?

XXXX

Síntese: Este artigo trata de abordar o xuízo ao guerrilleiro antifranquista Benigno Andrade García (a) Foucellas, e pretende facelo traspasando a barreira descritiva para refutar ou corroborar se ese Consello de Guerra foi outro máis dos xuízos aos que se vían sometidos os fuxidos que, en vez de morrer nas refregas coas forzas da orde, eran detidos e xulgados, ou se ben foi convenientemente instrumentalizado para xulgar a todo o “bandoleirismo” en bloque. Para elo, recorreuse preferentemente á causa xudicial aberta ao guerrilleiro, analizada en profundidade e situada no momento histórico que 1952 representaba para a loita armada, amén dun par de traballos (un deles da autora) que xa repararan na vida e obra do guerrilleiro.
Faise pois, tras un pequeno exordio, un repaso pola vida de fuxido de Foucellas, pola súa detención, polas accións nas que se viu complicado e, por fin, polo xuízo ao que foi sometido. Finalmente, tendo en conta as condicións da súa detención, o tempo no que ocorreu, e a propia natureza e tratamento do xuízo, parece confirmarse que non só se xulgou ao home, senón tamén o fenómeno.
Palabras chave: bandoleirismo-guerrilla-sumarísimo-posguerra-franquismo-pena de morte.

Abstract: This article tries to address the trial of anti-Franco guerrilla fighter Benigno Andrade García (a) Foucellas, and intends to do so by crossing the descriptive barrier to refute or corroborate if that War Council was another one of the trials to which the escaped were subjected, instead of dying in the fray with law enforcement, they were arrested and tried, or if it was conveniently instrumentalized to judge all “banditry” in block. For this purpose, the judicial case open to the guerrilla is used, analyzed in depth and located in the historical moment that 1952 represented for the armed struggle, in addition to a couple of works (one of them by the author) that will be repaired in the life and work of the guerrilla. It is then, after a small introduction, a review of Foucellas’s life of escape, his arrest, the actions in which he was complicated and, finally, the trial to which he was subjected. Finally, taking into account the conditions of his detention, the time in which it occurred, and the nature and treatment of the trial, it seems to be confirmed that not only the man was judged, but also the phenomenon.
Keywords: banditry-warfare-very summary-postwar-francoism-death penalty.

Autora: Lupe Martínez. Investigadora e integrante da Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña.

O 26 de xullo de 1952, un ateigado e expectante salón de actos da Agrupación de Sanidade Militar da Coruña, prepárase para acoller un novo Consello de Guerra. Dende que en xullo de 1936 se producira o golpe de Estado contra a República, moitos xuízos sumarísimos con resultado de morte tiveran lugar na cidade: dende o deputado a Cortes por Unión Republicana, José Miñones Bernárdez, ata o secretario xeral do Partido Comunista de España nos anos 1946 a 1948, José Gómez Gayoso. Pero, nesta ocasión, se ben se xulgaba a un fuxido, coma tantos outros, coma José Santiago Temprano (a) Moisés, ou Manuel Luis Bello Parga (a) Manolito Bello, ía ser un xuízo distinto. E dicimos isto porque queremos plantexar unha hipótese de partida que agardamos poder refutar ou confirmar ao longo destas liñas: ese día ¿xulgouse a un fuxido máis, ou o que el significaba?

O 26 de xullo de 1952, un ateigado e expectante salón de actos da Agrupación de Sanidade Militar da Coruña, prepárase para acoller un novo Consello de Guerra. Dende que en xullo de 1936 se producira o golpe de Estado contra a República, moitos xuízos sumarísimos con resultado de morte tiveran lugar na cidade

E é que Benigno Andrade García (a) Foucellas ou Rafael non so foi un escapado, un loitador antifranquista, un bandoleiro, ou un guerrilleiro. Foi o escollido para simbolizar un fenómeno, o dos maquis, e para elevalo a pseudorealidade desestabilizadora da férrea implantación ditatorial.

Benigno Andrade García, coñecido como guerrilleiro polo alcume de “Foucellas”.

Chegou a darlle nome a toda a caterva de fuxidos que vagaban polos montes galegos; a ser o fuxido máis perseguido, ata o punto de dárselle prioridade a súa captura fronte ao seu asasinato sen xuízo, tamén foi o máis temido; a convertelo en máximo expoñente da bilocación; a rebelarse coma unha obsesión para as forzas da orde pública.

Esa etérea ladaíña de desacougos para o réxime non axudou ao home, pero apuntalou o fenómeno da loita guerrilleira coma un problema de orde pública protagonizada por malfeitores que roubaban, saqueaban e mataban namentres se obviaba toda consideración política de base.

Este matiz é de importancia capital para comprender o fenómeno e o seu tratamento: se ben todos os fuxidos tiñan unha máis ou menos marcada tendencia esquerdista, que determinaba a iniciativa de botarse ao monte, esta non se ten en conta á hora de tratalos coma suxeitos xurídicos e/ou ante a opinión pública. O carácter político da súa loita, larvada nos primeiros momentos e cristalina a partires do comezo da década de 1940, é obviada para asemellalos a simples delincuentes comúns.

 

Benigno Andrade García, cando aínda non o alcumaban Foucellas, foi un xornaleiro nado o 22 de decembro de 1908 no lugar de Foucellas, parroquia de Cabrui, concello de Mesía. Alí, desenvolvendo distintos traballos no campo, achégase e mantén relación co Partido Comunista da vila, con Izquierda Republicana e co Sindicato de Oficios Varios de Curtis.

Benigno Andrade García, cando aínda non o alcumaban Foucellas, foi un xornaleiro nado o 22 de decembro de 1908 no lugar de Foucellas, parroquia de Cabrui, concello de Mesía. Alí, desenvolvendo distintos traballos no campo, achégase e mantén relación co Partido Comunista da vila, con Izquierda Republicana e co Sindicato de Oficios Varios de Curtis.

Ten, polo tanto, un presente esquerdista cando se produce o golpe de xullo de 1936. Tenta chegar á Coruña para defender a legalidade republicana, pero nas aforas da urbe, el e o grupo que o acompaña, coa cidade tomada e ante a inutilidade da súa acción, dan volta e regresan a casa.

Capa da Causa contra Benigno Andrade García “Foucellas”

O 23 de xullo, cando as tropas franquistas entran en Curtis, Benigno bótase ao monte. O seu presente esquerdista tórnase pasado, e o seu novo presente, ata a súa morte en 1952, será o da clandestinidade e a loita armada tinguida de supervivencia ou a supervivencia tinguida de loita armada, segundo os casos.

No monte permanece, relativamente autónomo, ata 1945, data na que resolve incorporarse á guerrilla organizada. Na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia participará nalgunha das súas accións de máis sona durante os seus anos de maior progresión, o bienio 1946-1948. A partires dese último ano, cando a loita armada comeza a languidecer, Foucellas retorna a unha situación que lle gusta e coñece: a da independencia con respecto a un mando.
O 9 de marzo de 1952, emporiso, vai rematar a súa fuxida sen retorno. O confidente da Garda Civil José María Díaz López, un veciño da Costa-A Regueira-Oza – Cesuras (Oza dos Ríos naquel tempo), rebélalle a Garda Civil a presenza da súa peza máis cobizada nun refuxio construído nunha leira de seu. A Foucellas acompáñao o fuxido Manuel Vilar Arnoso (a) Manolito, e o feito de que o noso protagonista lle anticipe a José María, enlace da guerrilla fustrigado polas forzas de orde, a súa intención de abandonar España, pode ser a espita para que o confidente dea o desexado aviso.

A Garda Civil de Curtis monta un importante servizo de vixilancia composto por dez números nun monte próximo á cova na que se agochan
os fuxidos. Cando Foucellas sae confiado, aínda que armado, a lavarse, tópase con tres dos gardas civís; iniciase, pois, un tiroteo que remata  por cobrarse a vida de Manolito e do garda segundo Cesáreo Díez Pérez. Foucellas e o tamén garda segundo Nicanor Álvarez Álvarez resultan feridos; o primeiro é detido, o segundo trasladado ao Hospital Militar da Coruña para realizarlle as curas.

Texto completo en Murguía, Revista Galega de Historia vol. 43-44!

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman