Desde o Consello editorial de Murguía, Revista Galega de Historia desexámosvos a todas as subscritoras e subscritores, lectoras e lectores, colaboradoras e colaboradores da publicación un Feliz Ano 2023.
Un ano no que celebraremos o vixésimo aniversario de Murguía, Revista Galega de Historia, así como o centenario do pasamento do historiador Manuel M. Murguía, ao que lle rendíamos homenaxe hai dúas décadas, dándolle nome a esta vosa revista de historia.
Nos vindeiros meses darémosvos conta das actividades coas que celebraremos ambas efemérides, ás que estades todas e todos convidados.