Síntese: As prácticas relixiosas non ortodoxas en moitos casos vencelladas ao curandeirismo xogaron un papel fundamental na sociedade galega da Idade Moderna. Cabe distinguir dous conceptos autóctonas populares: a de meiga e a de curandeira, ás que no século XVII se une a da bruxa, de orixe esóxena e de ámbito culto. O contexto de crise de subsistencia en combinación coas relacións entre a veciñanza favoreceron a identificación da idea da bruxa coa da meiga producindo consecuencias irreparábeis. Neste artigo ofrecemos un exemplo galego de converxencia de ambas ideas, que, combinadas coas relacións veciñais, remataron co procesamento de varias mulleres da xurisdición de Pazos de Arenteiro e Corneira.
Palabras chave: Idade Moderna, Galiza, curandeirismo, muller, crenzas
Abstract: Unorthodox religious practices plenty of times linked to curanderismo (folk medicine) played a main role in Galicia Early Modern Age society. In this order of things we may be distinguished two auctochthonous and popular notions: meiga and healer or witch doctor respectively. By seventeenth century a new exogenous one, the modern witch image comes to join to galician mental world. Subsistence crisis context and neighbourhood relations contributed to mix and confuse this concepts, with several consequences. This paper aims to approach to this syncretism mixed with personal relationships in a rural community effects were which for those women who were accussed of witchcraft.
Keywords: Early Modern Age, Galicia, folk medicine, woman, believes
Autor: Rodrigo Pousa Diéguez, Universidade de Vigo
Pese á súa importancia e difusión no ámbito cultural e relixioso galego, a meigallería, entendida coma o conxunto de prácticas relixioso-espirituais, non canónicas, de orixe tradicional, foi obxecto de poucos estudos dende o ámbito da antropoloxía, e prácticamente ningún dende o da historia. Porén, a súa difusión queda patente nas evidencias documentais conservadas, procedentes dos expedientes da inquisión e os procesos xudiciais ordinarios, que manifestan un recurso asiduo na vida cotiá dos galegos a estas prácticas, tanto como a súa continuidade até a época contemporánea, obxecto dalgúns estudos antropolóxicos. Estas fontes poñen de manifesto a amplitude de aspectos que se vían afectados por estas prácticas, sendo as máis habituais as dirixidas a cuestións fundamentais para vida e a preservación do inviduo, a familia e a comunidade: a saúde corporal, que estaba moi vencellada á espiritual, a protección do fogar, as colleitas e o gando, a pescuda de consorte, etc. Chegado o século XVII outra imaxe esóxena, a da bruxa europea, chega ao noroeste peninsular, apoiándose en distintos factores estruturais e conxunturais, xerando certo sincretismo, ou non, no ideario coletivo.
Pese á súa importancia e difusión no ámbito cultural e relixioso galego, a meigallería, entendida coma o conxunto de prácticas relixioso-espirituais, non canónicas, de orixe tradicional, foi obxecto de poucos estudos dende o ámbito da antropoloxía, e prácticamente ningún dende o da historia.
A popularización de estruturas como o Santo Oficio destinadas á persecución de toda práctica relixiosa heterodoxa contribúe á súa difusión, é tamén a que se converta nunha arma entre partes. De feito en moitos casos, e debido á escasa implantación do Santo Oficio na Galicia rural, onde estas prácticas tiñan maior calado, será a xustiza ordinaria a que proceda contra as acusadas deste delito criminal.
O presente traballo pretende achegarse ao tema a través dun proceso xudicial múltiple, promovido polas xustizas ordinarias ou locais dunha comunidade rural do noroeste ourensán, das xurisdicións de Corneira e Pazos de Arenteiro, contra varias mulleres acusadas de feiticería. Ao aproximarnos ao interrogatorio e confesión da primeira acusada, xunto a outros testumuños, seremos quen de recuperar unha parte da realidade social e mental da época, o sincretismo intencional, en boa medida xerado coa introdución do “ideario” foráneo da bruxa, ao real e ao imaxinario destes acontecementos.
O presente traballo pretende achegarse ao tema a través dun proceso xudicial múltiple, promovido polas xustizas ordinarias ou locais dunha comunidade rural do noroeste ourensán, das xurisdicións de Corneira e Pazos de Arenteiro, contra varias mulleres acusadas de feiticería.
Este proceso xerado pola xustiza local, da que apenas conservamos fondos documentais para a Galiza da época, chegou a nos grazas á súa apelación, e inclusión nos autos, á Real Audiencia de Galiza, e ten lugar a comezos do século XVII. Lonxe de poder considerarse un estudo de microhistoria ou un caso illado, o procedemento, máis aló da casuística e os condicionantes individuais, ben parece reflectir e recadar toda unha serie de informacións sobre a realidade social e mental da época:
- Prácticas tradicionais de “meigallería” popular practicadas.
- Enemizades existentes nas comunidades rurais e a súa orixe.
- A visión social de determinados males corporais como froito de forzas espirituais.
- Un contexto de necesidade, escaseza de recursos e casos concretos de ruína económica.
- A idea da introdución, de procedencia foránea, da que podemos denominar “bruxa moderna”.
- Axentes que empregan esta idea para o tormento, vinganza e exterminio dun inimigo.
- Os mecanismos para forzar unha confesión que reproduza este esquema.
- No ámbito relixioso ortodoxo, a indiferenza e defensa da inexistencia destas realidades.
- A participación dalgúns párrocos nestas prácticas tradicionais.
- A pervivencia nas prácticas e oracións populares dende o século XVII até XX.
Nos seguintes apartados propoñemos unha breve análise que permite contextualizar as dúas confesións editadas no universo social e mental do noroeste ourensán da primeira metade do século XVII. Aportamos polo seu valor fragmentos de distintos testemuños, cuxo interese non radica tanto no que queren dicir, soster ou desmontar da acusación, senón nas realidades que reflicten, e que inclúen breves fragmentos do galego da época.
Ab initium
O procedemento comezou un 9 de novembro de 1638, cando as colleitas estaban recollidas, as rendas pagadas e os labregos xa se dispuñan a pasar o inverno co excedente restante ou, se cadra, sen el… Aínda que o procedemento é iniciado de oficio, a demandada manifesta ter comezado a instancias dun veciño da acusada, Domingo do Outeiro, ao que sinala como promotor do caso, procurando o favor da xustiza e as testemuñas:
“lo otro los testigos que contra ella juraron son sus enemigos por rinas que an tenido con mi parte y sus hijos. Y Domingo d´Outeiro solicitó a los más testigos para que contra ella declarasen y los dio de comer y beber, y tubo la justicia en su cassa para el dho efeto; y María Moreira hestá ciega a muchos años y bibe en casa de dho Domingo d´Outeiro enemigo capital de mi parte y amenazó a mi parte porque la llamó ladrona; y los demás testigos juraron apassionadamte y lo contrario de la verdad”.
O proceso segue un curso totalmente iletrado, xa que a propia xustiza non posuia formación xurídica algunha, como tampouco a tiñan os promotores e defensores, que serán nomeados o 16 de novembro, de entre a veciñanza. Non cabe esperar imparcialidade algunha, e tan só un mes despois, o 16 de decembro, o mesmo xuíz emite auto de tormento para forzar unha confesión.
O proceso non é único na zona, e garda numerosos paralelismos con outro promovido en Orcellón xa en 1619 contra unha veciña de Xurenzás (Boborás, Ourense). Este arrancaba cunha querela presentada por un veciño de Xurenzás por calumnias contra outros dous veciños, Domingo Meixome e a súa muller, que falaban da existenza de até trinta “ hechizeros y echiceras” na dita parroquia. A devandita querela é presentada ante o tenente de xuíz da xurisdición-xulgado de Orcellón, pero foi o xuíz quen deu conta dela e decidiu iniciar unha pescuda de oficio sobre a existencia de feiticeiras, en feminino, pese a que a acusación involucraba tamén a varóns. A xustiza apoiouse no ideario da “bruxa” moderna e desbotou a existencia de feiticeiros homes. Así mesmo, dous escribáns fixéronse eco dos rumores xa espallados sobre a práctica espiritual heterodoxa e a súa proxección pola comunidade como causa de distintas desgrazas que se referirán nas probanzas: “hera fama de que abia las dhas hechizeras de la qual fama y noticia que bino a la dha ju[isticia] azemos certificacion los dos escrivanos que avaxo firman”. Chama a atención que tamén neste caso sexan axentes letrados, os escribáns, os que deron soporte a estes rumores. Non obstante, cabe ter en conta que a difusión da idea da bruxa non parte dos estratos inferiores, senón dos superiores, tendo a palabra escrita moito que ver. Mostra diso é que a declarante María Cibreira difícilmente se pode imaxinar a sí mesma voando en basoira, fornicando co demo, e non aporta nada correspondente co imaxinario da “bruxa” non implícito nas preguntas que se lle fan.
Que sabemos do contexto
O propio proceso da pistas en diversas ocasións da conxuntura na que arranca e prolifera esta acusación de bruxería. Ao fin e o cabo, no traballo con fontes xudiciais son os elementos colaterais ao proceso os que aportan máis información veraz sobre a realidade histórica. Por un lado, a primeira acusada aparece como unha muller viúva con diversas e continuas disputas abertas na comunidade. Ela mesma, no seo destas, chega a empregar o ideario da meiga para amedrentar aos seus veciños. Todo isto prodúcese nun contexto de precariedade económica no que as comunidades rurais do noroeste estaban a pasar por un trance de necesidade e presión. Isto evidénciase tamén no proceso seguido no veciño xulgado de Orcellón en 1619, no que se falaba dunha fregresía arruinada, quedando reflictido na primeira pregunta do interrogatorio no que se buscaba un responsable dos males comunitarios e particulares: “fue preguntado a la confesante si es tal bruxa meiga hechizera y con ello aze mucho daño en las personas y aciendas”.
Inimizade, desgrazas persoais e superstición
Os interrogatorios froito das pesquisas da xustiza evidencian a inimizade existente entre a acusada e o denunciante e varios axentes da comunidade. De feito, estes serán o soporte ao redor do cal se artelle a acusación inicial, e logo o procedemento en grao de apelación baseado en novas pesquisas.
A inimizade existente entre as testemuñas que acusan a María Cibreira e as conseguintes acusadas queda patente en ambas as direccións. Por un lado, as probanzas manifestan conflitos habidos no seo da comunidade onde xa se manifestan acusacións supersticiosas, carraxe e certo temor cara a ela:
“andando un día en el monte a guardar el ganado de su padre en el monte da [G]ugueira juntamente con Estevan Pérez hijo de Martin Pérez de Feás y Margarida Domínguez, hixa de la dha Catalina Carneira, la dha Margarida Domínguez empezó a correr tras del ganado que guardaba el testigo para que no se juntasse con el suyo. Y a esto el dho Estevan Pérez empezó de reñir con la dha Margarida Domínguez, y dixo el testigo que la dexasse, que hera hija de una meiga, que ella y su madre les bastaba |39r con darse reborcando en carnes en el souto que tenían junto de su cassa en el lugar de Cardieiro”.
Igualmente son varios os testemuños que proxectan a reputación de María Cibreira e que espertan o temor a prácticas malignas contra os seus veciños:
“que la sobredha andubo tres o quatro dias tras desto pediendole que le prestasse una aguillada de los bueis y el testigo le respondio que marido tenia para coxer las aguilladas y la sobredha le persuadió hasta que se la quiso prestar, de lo qual el testigo dello tomó mala sospecha por la mala fama que ella tenía que se la había pedido para le hazer algún hechizio”.
As acusacións cara a María Cibreira serán apoiadas polo seu proprio neto, ben nun mero intento de librar a súa nai, ben pola existenza dun conflito familiar:
“travaxando en una viña junto al lugar dEiravedra bio que tanbien allí andaba junto al testigo Paulos Domínguez, hixo de Baltassar Domínguez da Costa, y nieto de la dha Catalina Carneira. Y preguntándole el testigo e Tomé do Carro, que tanbién allí andaba, como estaban estas pressas de Pazos el dho Paulos Domínguez respondió que estaban en la cárzel, pero que su madre nunca abía tenido fama de meiga, y que si lo hera que mal fuego la ubiera quemado antes que se pariera, pero que la |39v dha Carneira su abuela siempre tubiera el quizio de que lo era”.
A hipótese do conflito familiar quedaría confirmada noutra declaración verbalizada pola nora da primeira acusada, quen xustificaría a súa acusación contra María Cibreira:
“podrá aver siete años poco mas o menos que estando un dia […] en cassa de Baltasar Dominguez da Costa, hijo de la dha Catalina Carneira, vio como Madalena Gallarda, muger del dho Baltassar, da Costa djxo por la da Catalina Carneira, su suegra: “no me a apartar Dios de tan mala meiga como aquella”. Y la testigo quedo suspensa y pensativa de que ella dixesse semexante palabra”.
Por outra banda, na súa defensa as acusadas recolleron toda unha serie de anotacións describindo os desencontros e conflitos existentes entre as testemuñas da parte denunciante e a outra.
- “enemiga por uñas sobre el estrago que le hace con su ganado en a biña del Tombelo y sobre aber tratado mal de palabra a Pedro Quintela, hierno de Catalina Carneira y él a ella de que se querelló ante la justicia de Pazos”;
- Melchor Fdez de Bales: “qu´es es burlón y murmurador maldesiente y se ofreció a jurar en quatro destos pleitos sin ser llamado”;
- “enemigo por el ganado de Catalina Carneira que entró en la beiga de Cardieiro del sobredho y riñeron por ello y es hombre de baxa suerte y malicioso”;
- “solicitado de Domingo do Outeiro enemigo capital que solicito a dhos. Y estragó un poco de pan a Catalina Carneira con sus bueys en la beiga de su cassa”;
- “enemigo por unas piedras y cerradura que sacó de la sebe de Catalina Carneira, y sobre desto ubo palabras, y es hierno del escrivano”;
- “no tiene assistencia y se dexaba hacer del bino”.
As prácticas populares: unha realidade moi común
Ao comezo falabamos da realidade e divulgación das prácticas relixiosas populares. Cabe pensar que coa consolidación das aldeas como comunidades, no baixomedievo estas sufriron un espallamento superior. E se ben as descritas no proceso puideran ser consideradas como casos individuais propios dun estudo microhistórico, os procesos doutras áreas, os inquisitoriais, e os estudos antropolóxicos manifestan que estas crenzas e prácticas foron comúns e mantiveron unha continuidade até a Época contemporánea, ligadas á longa permanencia do carácter e do modo de vida das comunidades nas que naceron. Cabe pensar, ademais, que o endurecemento das condicións de vida neste período histórico levaron a un maior recurso a estas, na procura de colleitas e a supervivencia (…).
Texto completo en Murguía, Revista Galega de Historia vol. 45-46!