Dentro dos actos das IX Xornadas Libertarias, organizadas por Unión Libertaria, convócase a toda a cidadanía ao xa tradicional acto de homenaxe ás vítimas do franquismo, que terá lugar o vindeiro sábado.
Indican desde Unión Libre que esta homenaxe a desenvolver o sábado 20 de novembro “…consistirá nun acto poético-musical-reivindicativo, con intervencións do poeta Xoan Abeleira, un membro de Unión Libertaria e a clarinetista Amelia Ónega, e rematará cunha ofrenda floral. Trinta e cinco anos despois da morte do dictador Franco aínda é necesario reivindicar a memoria de todas as vítimas do franquismo, asasinadas pola dictadura e esquecidas na transición. A homenaxe aproveita tamén para lembrar á militancia libertaria, ás veces esquecida, coincidindo co 74 cabodano da morte do combatente revolucionario libertario Buenaventura Durruti”.
Homenaxe que en caso de temporal se trasladaría ao Espazo Libertario (Avenida de Esteiro, 10-12, baixo). Se sae o sol ou a chuvia non é excesiva, o acto terá lugar no sitio indicado, o antigo cemiterio de Canido (ao carón do Instituto de Ensino Secundario de Canido, para a xente de fora de Ferrol).
Mais información das IX Xornadas Libertarias: