Guerrilleiro contra Franco, guerrilleiro contra o esquecemento

O martes 3 de maio presentouse na capital galega a obra Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido coa presenza do seu autor, o guerrilleiro Francisco Martínez López, Quico, da man da Fundación 10 de Marzo.

O combatente e autor da obra estivo acompañado de Lourenzo Fernández Prieto, Catedrático de Historia Contemporánea da USC e Director do Proxecto Interuniversitario ‘Nomes e Voces’, así como polo investigador e docente da devandita fundación Víctor Manuel Santidrián Arias.

O acto tivo lugar na Libraría Couceiro, sita na compostelá Praza do Pan (ou Cervantes).

Segundo nos indican desde o proxecto ‘Nomes e Voces’, o volume citado é “…o relato personal de Francisco Martínez López, Quico; sobre a súa participación primeiro na Federación de Guerrillas León-Galicia e, despois, no Exército Guerrilleiro Galicia-León (1936-1952). Na segunda parte do libro, Martínez López relata as súas vivencias no exilio francés e a súa militancia no PCE. Reflexiona, ademais, dunha maneira crítica sobre o proceso de transición da ditadura á democracia e denuncia o pacto de silencio sobre o que foi a loita antifranquista.O libro amplia unha achega anterior do autor, editada desta volta pola Asociación Guerra, Exilio e Historia del País Vasco coa subvención do Ministerio de Presidencia do Goberno de España”.

A esta realidade referíase noutrora Francisco Martínez López, Quico, nunha entrevista concedida á xornalista Montse Dopico para Murguía, Revista Galega de Historia. A entrevista pódese ler neste portal.

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman