Leopoldo Nóvoa, na memoria.

Vén de finar o grande pintor galego Leopoldo Nóvoa (1919-20012). Sumámonos a reseña que da súa obra se facía hai tempo en Underrant Casey Influence .  Na que se pode ler:

“Non é novo, naceu en 1919 en Pontevedra pero ten esa facultade de algúns de dominar o concepto de atemporalidade. Calquera das súas obras pode ser un claro exemplo de modernidade pero tamén de clasicismo. Adéntranos nun mundo no que non importan as tendencias nin “ir á moda”, o verdadeiramente relevante a expresar o que un leva dentro, o que un sente.

Divide o seu tempo entre Francia e O Salnés, temporadas máis luminosas en terras galas e cando a escuridade é a nota dominante, o seu destino é Galicia.

A súas obras parecen non estar enmarcadas, son como extensións da realidade, forman parte da dura paisaxe na que nos movemos. Poderíase dicir que traballa dunha forma literaria e musical, con cores tranquilas que se apagan na baixa fidelidade, que se converten en graos, en clavos, que se fan relieve… que viven.

A súas creacións manteñen un pulso co espectador, que sempre acaba perdendo a partida. Xoga co enigmático, que é algo tan atractivo como adentrarse nunha cova escura para descubrir o que hai dentro. A delicadeza que amosa e a súa visión do sufrimento humano emparéntano con Miguel Hernández. Son dous poetas da vida. Fai realidade as dimensións nas que habitamos, os diferentes niveis que ocupan o espazo social.
A canteira do Parque de Santa Margarita na Coruña, o mural do Cerro en Montevideo, as termas do Arapey en Uruguay ou as esculturas de granito do Espazo Crómlech de Bonaval son algunhas das representacións artísticas que lle podemos ver, ademáis de múltiples exposicións por calquer territorio tanto en galerías modestas como en grandes museos…”.

Na memoria, Leopoldo Nóvoa.

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman