As monstras activas de solidariedade democrática que desde Portugal se amosaron entre 1936 e 1939, diante do Golpe militar reaccionario españolista, serán lembradas.
En Ourense, e da man da activa asociación Amigos da República, diversos actos se desenvolverán entre o 13 e o 14 de abril, data esta última na que se conmemora o aniversario da proclamación da II República española, cunha especial adicatoria, aliás, a memoria de María del Valle e os seus fillos, asasinados diante do devandito Golpe.
Os actos arrancan o 13 de abril, cunha palestra intitulada ‘Os caminhos da solidariedade da esquerda portuguesa como a República durante a Guerra Civil de Espanha‘; acto que se desenvolverá no Paraninfo del IES Otero Pedrayo a partir das 20,00 horas. Farán parte do mesmo, o economista e historiador Dionísio Pereira, o xornalista e historiador portugués, para alén de dirixente do Bloco de Esquerdas, Fernando Rosas, así como o profesor de Historia na Universidade do Minho Norberto Cunha.
O sábado 14 de abril, data central do devandito programa, desenvolverase unha homenaxe aos asasinados e asasinadas pola defensa da democracia, ao abeiro da II República; a celebrar no ceminterio de San Francisco a partir das 12 hrs.
A partir de las 14hrs desa data haberá un xantar no Campo da Feira, lugar no que actuará o grupo de música Os Carunchos.
A partir do que esta Festa da República seguirá con outras actuacións, nomeadamente a partir das 20hrs co concerto da Banda Municipal de Ourense, na Rúa do Paseo, parello ao que desde as 21.30 hrs comezará unha outra actuación do grupo Rock Pública, a celebrar na praza de San Martiño .
Aproveitamos a publicitación dos actos referidos, para divulgarmos unha obra de grande interese:
A solidariedade antifascista: brasileiros na Guerra Civil Espanhola (1936-1939), | 238 pp | Thaís Battibugli | EDUSP |2004
|
Unha obra esta, segundo os seus editores, que : “… objetiva conhecer a trajetória da militância antifascista de um pequeno, mas significativo, grupo de comunistas brasileiros (2 civis e 14 militares) que lutou na Guerra Civil Espanhola (1936-1939)”.
Unha excelente obra Thaís Battibugli, licenciada en historia pola Universidade Estadual de Campinas (Unicamp), mestre en historia social pola Universidade de São Paulo (USP) e doutoranda en Ciencia Política pola propia USP, onde desenvolve pesquisa sobre políticas de seguranza pública en São Paulo, sob orientación do professor doutor Paulo Sérgio Pinheiro.