Colectivo Murguía

O Colectivo Murguía está conformado por un grupo de historiadoras e historiadores que comezou a traballar en conxunto a mediados do 2001. A iniciativa inicialmente baseouse no traballo de debate historiográfico, procurando as fórmulas necesarias para a existencia dunha maior repercusión da investigación histórica no seo da sociedade e dun xeito interdisciplinar.

As investigadoras e investigadores que constituíron este colectivo viñan de desenvolver diversos traballos de pescuda histórica: desde a Prehistoria até a Idade Contemporánea, pasando pola Idade Media; traballos sobre o agrarismo ou o nacionalismo galegos no século XX, até o peso na Villa y Corte de políticos nacidos na Galiza, pasando pola transcrición e análise de documentación medieval que deu teses de doutoramento, como a da coordenadora do grupo, Alexandra Cabana Outeiro.

Varios dos seus integrantes eran membros e directivos da Asociación Galega de Historiadores (AGH). Desde o 2001 até o 2003 o colectivo ideou e deseñou o que foi presentado á directiva da Asociación Galega de Historiadores baixo o nome de Murguía, Revista Galega de Historia. Entre o colectivo e a devandita entidade asinouse un convenio de colaboración do que é froito a devandita publicación, nutríndose desde 2003 até 2011 a AGH de Murguía, RGH, en canto efectivos e proxección pública se refere. Desde o 2011, ano no que os encargados da publicación impulsaron un recambio á fronte da directiva da AGH, Murguía, RGH deixou de estar participada pola AGH, malia seguir colaborando activamente ambas entidades. Impulsándose desde o Colectivo Murguía o Instituto Galego de Historia (IGALHIS), no que se integrou a AGH.

O Colectivo Murguía ten como labor fundamental desde o 2003 tirar do prelo cada catro meses (desde 2012 cada seis) Murguía, Revista Galega de Historia, incentivando investigacións, estudos, lectura de libros, entrevistas e o intercambio de experiencias profisionais entre distintos historiadores e historiadoras, así como a interdisciplinariedade. Tamén este colectivo se encarga de convocar diversos encontros entre historiadores e historiadas, tendo sido a equipa que lanzou a iniciativa ‘Galeusca Historia’ no seu inicio a partir do ano 2008, a modo de manifesto, e que logo se materializou en encontros bianuais que reunen a varias ducias de investigadores e investigadoras do pasado galego, vasco e catalán.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman