O Hidria volverá á Galiza

O Hidria II foi rebaptizado no 2006 como o “Barco da Memoria”. Unha orixinal iniciativa capitaneada por Dionísio Pereira levou baixo este nome a diversos portos e localidades galegas os tempos da II República e a represión franquista, cun ton especialmente didáctico, abordo daquela embarcación.

Este vapor viuse obrigado a marchar fóra do noso país, mais segundo hai días afirmaban desde a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, os “… armadores, Sesé e Jacobo, decidiron regresar a Galicia desde Puerto Sherry, onde está actualmente o Hidria. Teñen previsto facer a viaxe no mes de xuño, co obxectivo de ter o seu porto base en Vigo ou no Grove.

Cando cheguen a Galicia, e unha vez se estabilize a súa situación, van facer unha asociación que axude a manter o Hidria, e dependendo da aportación que faga cada persoa terá dereito a desfrutar do Hidria dunha forma concreta. Desde visitas á sala de máquinas, ou saídas ao mar ata pernoctar no barco ou facer uso do seu espazo para exposicións.

Para facer a viaxe de retorno o Hidria precisa 6000 euros. Os cartos son para combustible, tripulación, etc. E para conseguir esa cantidade acaba de abrir un proxecto en lanzanos.com (http://www.lanzanos.com/caja/proyecto/3881/)”.

A cifra en cuestión está practicamente atinxida, mais aínda restan uns 600€ por sumar. Animamos ás nosas e nosos leitores a que contribúan en favor da volta do Hidra para Galiza.

Ligazón de interese no portal desaparecido Vieiros.

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman