Desde o ano 2011 Murguía, Revista Galega de Historia e o Instituto Galego de Historia fan entrega, trianualmente, do Premio Manuel Murguía ao Mérito e Labor Historiográfico. Na súa primeira edición, foi distinguido con este galardón no 2011 o historiador Bernardo Máiz Vázquez e no 2015 o tamén historidor Francisco Carballo, a título póstumo.
O presente ano 2017, Murguía, Revista Galega de Historia e o IGALHIS acordaron recoñecer co III Premio Manuel Murguía ao Mérito e Labor Historiográfico a Xosé Estévez Rodríguez (Quiroga, 1943), doutor en Historia, investigador de longa traxectoria e profesor honorario da Universidade de Deusto, coincidindo coa entrega do XII Premio Galiza Mártir Activista en favor da democracia en Galiza desde a década dos ’60 do pasado século XX e, desde a década dos ’70, autor de diversos estudos e obras sobre Castelao e o nacionalismo galego. Destacando a recuperación que realizou, desde a década dos ’80, da historia da “Triple Alianza” (1923) e do “Galeuzca” (de 1933 en diante), así como do exilio nacionalista. En todos os seus traballos Xosé Estévez ten reseñado o relevo político de Alexandre Bóveda, tanto no tempo republicano (en vida), como no exilio após da súa morte; tempo e espazo no que se daría lugar ao Día da Galiza Mártir, co gallo do aniversario do asasinato de Bóveda, desde o 17 de agosto de 1941.
Entre outras obras, Xosé Estévez é autor de:
La Autodeterminación de los Pueblos. Un reto para Euskadi y Europa (1985), Euskal Herría. Historia y Sociedad (1985), De la Triple Alianza al Pacto de San Sebastián (1923-1930). Antecedentes del Galeuzca (1991), Impenitencias Galeuzcanas (1992), Manuel Martínez Murguía. De estirpe vasca e berce do nacionalismo galego/Manuel Martinez Murguia. Euskal jatorrikoa eta Galiziako Abertzaletasunaren Aintzindari (2000), Castelao e o Galeuzca (2002), A Lagoa da memoria (2002), Galeuzca: la rebelion de la periferia, 1923-1998 (2009), Un crego atípico na Fonsagrada 1967-69 (2014), colaborando habitualmente con revistas científicas galegas, caso de Murguía, Revista Galega de Historia.
Entrega do III Manuel Murguía ao Mérito e Labor Historiográfico
Procederase á entrega do Premio Manuel Murguía ao Mérito e Labor Historiográfico o 17 de agosto, após a intervención que terá Xosé Estévez Rodríguez diante da tumba de Alexandre Bóveda, no cemiterio de San Amaro en Pontevedra, arredor das 18hrs.