XIV Semana Galega de Historia

Desde hai dúas décadas, a Asociación Galega de Historiadores/as (AGH) promove o desenvolvimento de diferentes encontros para reflectir arredor da história do noso país. Entre estas actividades cómpre salientar as Semanas Galegas de Historia (SGH).

Nos vindeiros días desenvolverase a décimo cuarta edición deste congresos monográficos. Esta XIV Semana Galega de Historia xirará arredor do franquismo, a memoria histórica e a investigación historiográfica, contando cunha dupla sede: A Coruña e Oroso.

Diversas historiadoras e historiadores reflexionarán arredor da devandita cuestión ao longo de tres xornadas. As dúas primeiras celebraranse na Faculdade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (UdC)  e a penúltima e última sesión desenvolveranse en Sigüeiro, capital do concello de Oroso, nas imediacións da capital galega.

A partir da dirección dos profesores da UdC Uxío-Breogán Diéguez Cequiel e Carlos Velasco Souto, Emilio Grandío, Bernardo Máiz, Aurora Marco, Julio Prada, Dionísio Pereira, Lourenzo Fernández Prieto e Eliseu Fernández, entre outros e outras, serán relatores neste novo encontro de ámbito nacional.

Indicar, aliás, que colaboran substancialmente o Concello de Oroso e Murguía, Revista Galega de Historia no desenvolvimento do encontro, dando lugar á mostra que sob o título Alexandre Bóveda. Da vida e o compromiso pode ser visitada na Centro Socio-Cultural Casas e Novoa de Sigüeiro.

O programa completo está en rede para ser consultado.

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman