O profesor Robert Langdon, da Universidade Nacional de Australia en Canberra , escrebera no 1976 o libro The Lost Caravel. Neste seu traballo daba conta da chegada a Nova Zelandia de mariñeiros galegos que naufragaran, arribando ás súas costas por volta do 1526. É dicer, 200 anos antes que os ingleses capitaneados polo británico James Cook -este pasaría á historia por ser os ‘descubridores’ daquel país insular de Oceanía-.
Recentemente volveu á actualidade a posíbel descoberta de Nova Zelandia por mariñeiros galegos que saíran da Coruña naquel 1526 na carevla ‘San Lesmes’ con García Jofre á cabeza. Este tiña como obxectivo “…consolidar os descubrimentos feitos por Magallanes tres anos antes. E converteuse na segunda frota que logrou circunnavegar a Terra“, tal e como apuntan desde a web CienciaGalega.
Semella que un dato ben gráfico desta realidade sería a existencia dunhas construción denominadas naquelas terras “Pataka”, ben semellantes aos hórreos galegos.
Máis info en:
Así son os “pataka”, os hórreos galegos de Nova Zelandia.
Un estudio atopa hórreos galegos en Australia e Nova Zelandia.