Camiñadas pola historia.

Son moitas as iniciativas que na Galiza se desenvolven para coñecer a nosa historia, aprendendo e exercitando a memoria colectiva .

Entre outras actividades, e para alén de conferencias, palestras, mesas redondas , etcétera, son diversas as entidades que organizan roteiros e camiñadas a tal efecto. Nos vindeiros días, segundo nos avisan, desenvolveranse dúas interesantes actividades nesta liña. Unha celebrarase no concello de Cuntis e outra a cabalo entre Vigo e o Val Miñor.

Cuntis

Coa participacion de varias asociacións, o sábado 3 de decembro organizase un roteiro homenaxe ás e os que padeceron a represión franquista. Comezará esta actividade na praza das árbores de Cuntis às 11horas, percorréndose lugares que gardan unha relación directa coa represion do golpe militar de xullo de 1936 e do franquismo. Rematará a devandita actividade cun xantar de confraternidade a celebrar en Moraña (e para o que é necesario facer reserva no teléfono 678.18.79.73).

Vigo e Val Miñor

Aliás, organizada pola Concellaría de Patrimonio Histórico de Pontevedra, da que é responsábel Luís Bará Torres, o sábado 10 de decembro desenvolverase unha visita a diversos enclaves arqueolóxicos de Vigo e do Val Miñor, guiada por Xosé Lois Vilar, vicepresidente do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM). A finalidade desta viaxe, segundo nos indican, é coñecer experiencias de recuperación e posta en uso de recursos patrimoniais como castros, monumentos megalíticos, arte rupestre, etnografía, etc. coordinadas polo IEM.

O programa da xornada é o seguinte:

9.30 h. Saída en bus desde Pontevedra (parada bus turístico rúa Alameda)

Visita a xacementos arqueolóxicos de Saiáns (Vigo) e á estación de arte rupestre do Outeiro dos Lameiros (Baiona). www.outeirodoslameiros.com

14.30 horas. Xantar en Baiona (prezo aprox. 12-15 euros).

Sobremesa: paseo por Monterreal.

18.30 horas. Retorno a Pontevedra.

As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse ata o luns 5 de decembro enviando unha comunicación ao correo snl@pontevedra.eu ou chamando ao teléfono 986100185, extensión 7042.

Datos requiridos para a inscrición: nome e apelidos, número de teléfono (operativo entre as 8 e as 3) e enderezo electrónico.

Dado que as prazas están limitadas pola capacidade do autobús, terase en conta a orde de solicitude.

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman