Vello cárcere da Coruña: xuntanza de expresos

Segundo nos indican desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, desde hai varios meses a plataforma cidadá Proxecto Cárcere está a traballar para converter o vello cárcere provincial da Coruña nun centro socio-cultural e da memoria histórica.

Entre as actividades para os vindeiro meses, a devandita plataforma ten programada unha exposición de artistas, que leva por título “Liberdade” e que se poderá visitar a partir do día 8 do presente mes de xuño.

Aliás, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña participa desta iniciativa cunha serie de actividades ‘de portas abertas’, sinalan, coas seguintes actividades, a sumar á devandita exposición, a saber:

Sábado, 11 de xuño de 2011

11,30 horas. Concentración diante da porta principal do vello cárcere provincial, coa presenza de persoas que, por motivos políticos, pasaron por esta prisión.

13 horas. Colocación dunha placa na entrada –cun carácter provisional, até que se poña unha definitiva- lembrando a prisión como lugar da represión franquista, e como homenaxe a todas as persoas que loitaron pola liberdade e a democracia.

14 horas. Ofrenda floral no monumento-memorial ás vítimas do franquismo.

14,30 horas: Xantar de irmandade (no Club do Mar, a 12 euros). Asistirá o presidente desta popular entidade, Manuel Lugrís, que foi fundada en tempos da República. Poderemos visitar as instalación do Club do Mar.

17,30 horas: Charla sobre a represión franquista e as vivencias nos cárceres.

18,30 horas. Documental “O segredo da Frouxeira”, coa participación, entre outros, do seu director Xosé Abad, que tamén estivo no cárcere da Coruña..

Actividades todas abertas á participación de quen quixer; ora, indicando desde a organización que para se anotar ao xantar hai que anotarse antes do 8 de xuñoencamiñando unha mensaxe a Manolo Monge no correo-e manolomongegonzalez@gmail.com ou nos teléfonos 665998574 ou 981212252.

Comments are closed.

Web xerada a partir de WordPress | Deadline Theme : inspirada en Awesem e deseño de Orman